Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Uxía Senlle
Uxía volve a Ortigueira para cantar o seu novo disco, Eterno navegar. Un traballo marcado polas influencias das músicas da lusofonía.

-¿O concerto no festival será o habitual para a xira do disco?
-Para mover o disco levaremos sempre a mesma banda, á que se sumarán invitados. No caso de Ortigueira faremos algo un pouco máis contundente porque é un espazo ao aire libre. Tamén faremos algunhas cancións de discos anteriores.

-O festival reforza a identificación do folk, aínda que o disco ten outro sentido.
-Cada día é máis difícil encaixar á música nunha etiqueta. Os festivais van atendendo cada vez a músicas máis amplas. A música galega pode ser folk e estar aberta a outras formas. O meu disco está inclinado á lusofonía, pero non deixa de ser unha lectura da música tradicional.

-O proceso de elaboración foi longo.
-Ten moito que ver co contido do disco. Sentín a necesidade de coñecer de primeira man as músicas coas que ía traballar. Pablo Borges [o produtor] e mais eu quixemos buscar unha sonoridade propia e iso levou o seu tempo. Eu quería que houbese máis matices, máis cores, máis ritmos, que fose un disco vitalista. Levou o seu tempo pero o disco está editado xa para a península Ibérica e nos próximos meses sairá en algúns países de Europa e tamén en Estados Unidos. Creo que ten unha boa acollida e que será mellor despois da xira.

-¿Foi un proceso máis libre que en discos anteriores?
-Todo vai saíndo de xeito natural. Este sistema me deixa máis campo para traballar. Tamén porque hai máis composicións propias, pero cando fas música tradicional e a adaptas a ti o proceso é moi semellante.

-¿En Galicia hai máis interese pola lusofonía que na lusofonía por Galicia?
-Probablemente. Desde aquí estamos facendo o esforzo por darnos a coñecer e medra o interese, pero nos temos unha predisposición maior. Nos últimos anos de experiencias como Cantos na maré foron saíndo experiencias comúns e o interese por Galicia foi ampliándose fóra, especialmente en Portugal e Brasil.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2008 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer