Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobre Bonovo
Edítase a primeira obra no mundo discográfico do trío bOnOvO Roberto Grandal, Pulpiño Viascón e Óscar Fernández son os compoñentes dun grupo que chegou para abrir un novo vieiro sonoro na música de raíz elaborada no noso país.

Este trío é unha lufada no panorama do folk galego, aportando novos conceptos coa súa visión contemporánea do folk, misturando conceptos acústicos con sons electrónicos. Óscar Fernández é o compositor de case todas as pezas do seu debut discográfico, titulado co nome do propio grupo, e considera que a novidade "vén, sobre todo, na formación e os instrumentos empregados. O concepto dos arranxos, onde a responsabilidade é compartida, non é tan diferente a cousas xa coñecidas, pero é verdade que en Galicia pode resultar algo novidoso".

Roberto Grandal e Pulpiño Viascón andaban enredando coa idea de facer un dúo cando chegou Óscar ofrecendo a zanfoña e temas propios "que tiña aparcados porque para Os Cempés non servían".

Nos primeiros ensaios viron que deberían facer fronte a unha dificultade que ao mellor non prevían. "Debimos mercar material novo. Eu adquirín unha zanfona porque a que tiña non servía para o que pretendiamos elaborar, Pulpiño debeu facerse cunha batería e Roberto tivo que engadir software. Aos tres gústannos as maquiniñas, pero houbo que aprender a empregalas ben e que se adaptasen á musica que tiñamos na cabeza".

As posibilidades expresivas da zanfona aumentaron enormemente nos últimos tempos e Óscar cre que xa se pode facer "practicamente de todo tocando ese instrumento. Cómpre indicar que eu toco un modelo de hai vinte anos, O que sucede é que en Galicia non se coñecían moitas cousas. Na última década aproveitamos o traballo efectuado por outros no estranxeiro desde hai xa moito tempo". Primeiro decidiron realizar concertos e agora sacan o álbum ao mercado. "O directo é máis enérxico, menos contido e existe un lugar para a improvisación. Os temas deben estar vivos. Quen pretenda escoitar algo tranquilo que non veña vernos. Os nosos directos non son aburridos e mudamos bastante de timbre".
O seu estilo pode traspasar as fronteiras do folk e chegar a gustar a seareiros doutros xéneros. "Nalgúns concertos atopamos un público heteroxéneo e cremos que podemos conectar ben con eles. Algúns abraiáronse bastante co que ouvían. Empregamos recursos doutros estilos. O primeiro disco sempre é duro para saber se a túa proposta é aceptada. Veremos como é recibido o traballo". O disco ía ser editado por un selo discográfico galego, mais finalmente non se chegou ao acordo definitivo, "pero sempre indo de bo rollo e respectando as ideas dos demais". Fixeron unha tiraxe de mil exemplares "e agora temos máis débedas. Sabemos que para un grupo novo as vendas van bastante despacio".

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer