Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pardiñas xa ten programa
2 e 3 de agosto
Manecas Costa, Les Trompettes du Mozambique e Zënzar no Festival Pardiñas


O Festival de Pardiñas xa ten pechado o cartel. Este ano, a cita co folk máis antiga do país reunirá en Guitiriz a artistas consagrados dentro da música de raíz como é o caso de Manecas Costa ou Les Trompettes du Mozambique. Completan o cartel Zënzar, Mare Nostrum, Tiruleque e Sherpah. En paralelo ao apartado musical celebrarase do 2 ao 3 de agosto a XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que anualmente organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Despois de reunir máis de 25.000 persoas o pasado ano, o Festival de Pardiñas aposta por unha combinación de world music e de rock para volver bater marcas de asistencia na súa XXIX edición. Manecas Costa, Zënzar, Les Trompettes du Mozambique ou Sheparh son algunhas das bazas para acadalo.

A cita dará comezo o venres 1 de agosto coa representación de Pan a cargo da compañía Volta e dálle, e da inauguración das diversas mostras de pintura, escultura, fotografía e cerámica na Escola das Artes. Xa o sábado permanecerá aberta durante todo o día a XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, na que participan artesáns de diversos puntos do país.

Dentro do apartado musical, o sábado actuarán a banda galega Zënzar, os cataláns Sherpah e o músico de Guinea Bissau, Manecas Costa. O domingo 3 subirán ao escenario o grupo Tiruleque, Mare Nostrum e os bretóns Les Trompettes du Mozambique.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-07-2008 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer