Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mercedes Peón Premio Nacional de Cultura
O xurado dos Premios Nacionais dediciu outorgarlle a Mercedes Peón o galardón na categoría de Música, por ser unha "grande intérprete pluriinstrumentista que, partindo da música tradicional, soubo crear unha nova linguaxe que coloca a música galega na vangarda internacional".

A artista é considerada "unha das figuras máis representativas da música galega nos inicios do século XXI, tanto polo seu traballo de investigación e divulgación de pezas tradicionais case esquecidas, como na súa aposta pola renovación da música popular galega, logrando unha gran proxección fóra do país".





Premiados:

- Mercedes Peón (Música)
- Manuel Lourenzo (Artes Escénicas),
- Laboratorio de Formas (Iniciativa Cultural)
- Margarita Ledo Andión (Cinema e Audiovisual)
- Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos)
- O Museo do Pobo (Cultura Tradicional e de Base),
- Francisco Leiro (Artes Visuais),
- Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura),
- A remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio Cultural)
- Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura Científica).

MERCEDES PEÓN

A música e investigadora da tradición Mercedes Peón é unha das figuras máis representativas da música galega nos inicios do século XXI. As súas achegas son notables tanto no que se refire ao seu traballo de investigación e divulgación de pezas tradicionais case esquecidas, como na súa aposta pola renovación da música popular galega nas súas gravacións e interpretacións, que acadaron un gran éxito internacional.

Mercedes Peón naceu en 1967 na Coruña. Pertenceu ao grupo folclórico Xacarandaina. Dedicou 15 anos da súa vida á investigación da tradición musical galega, coa recollida de pezas musicais polas aldeas de Galiza. Parello a este traballo realizou un importante labor didáctico e de divulgación, coa ensinanza dese material en asociacións e grupos de nenos, e logo coa súa participación durante oito anos no programa Luar da TVG, onde deu a coñecer moitas das persoas depositarias deses temas tradicionais. Na mesma liña de contribución ao coñecemento dese patrimonio atópase a súa edición da colección discográfica Raiceiras. Ademais escribiu artigos sobre as tradicións para diferentes publicacións e deu conferencias en países como Escocia, Alemaña e Portugal, e tamén na Sorbona de París.

Como compositora e intérprete, Mercedes Peón contribuíu á popularización da música tradicional e ao seu prestixio internacional. Creou un estilo propio que parte da música de raíz galega, con gran protagonismo para as voces e as percusións, e as reinventa con novos timbres e instrumentacións electrónicas.
A súa traxectoria como cantante e instrumentista deu un salto na década dos noventa coa súa participación en discos de Os Diplomáticos de Monte Alto, Xosé Manuel Budiño, Mano Negra, Kepa Junquera, Alisder Fraiser, etc. No ano 2000 editou o seu primeiro disco, Isué, co que acadará numerosos recoñecementos a nivel galego e internacional. A este seguiron Ajrú (2003) e Sihá (2007). Nos últimos anos fixo ademais a música do filme Liste pronunciado Lister e do espectáculo do Centro Coreográfico Galego Kiosko das almas perdidas. Nesta década actuou en máis de 300 festivais e realizou concertos en máis de 20 países de toda Europa.

En Galiza, o seu traballo foi recoñecido co Premio Galega do Ano 2005, o Premio Opinión 2005 e o Premio Iar polo seu traballo de recuperación das tradicións galegas.
A nivel internacional obtivo entre outros recoñecementos o Premio Mackcallan do festival de Lorient, foi nomeada mellor artista do ano polo magazine Folkworld (2000) e finalista na categoría de mellor artista do ano 2000 nos premios de BBC Radio 3.


Noraboa Mercedes!!!!
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2008 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 ole ole i ole!!! Dese mostruo que é MERCEDES PEON, e digo con maiúscula, deberamo#blgtk08#s de tomar todos exemplo. GRAZAS Mercedes por contribuir dese modo a nosa musica.
Comentario por equerquellequer (31-05-2008 03:29)
2 Pois noraboa, parabéns, felicit#blgtk08#acións, que o merece e moito...
Comentario por Edu (31-05-2008 09:42)
3 A verdade que hai moita xente merecente dun premio á súa traxectoria, pero ben merecido ten Mercedes pola súa laboura de transmisión da cultura popular ás novas xeracións, procurando outros camiños pero sempre b#blgtk08#aseando e dando a coñecer a nosa tradición.

Parabéns polo recoñecemento dende a propia Terra, xa que moitas veces somos os mesmos galegos quen non sabemos valorar á xente que temos ao noso redor.
Comentario por Xan Ghaiteiro (31-05-2008 17:58)
4 Moitisimas grazas a Mercedes polo que fixo, fai e fará pola nosa m#blgtk08#úsica tradicional. Eres unha das máis boas e xenerosas. Noraboa.
Comentario por Folieiro (01-06-2008 13:30)
5 noraboa Merce.Eres #blgtk08#a mellor.bicos mil.
Comentario por baranguinha (02-06-2008 15:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer