Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Polémicas destructivas
O blog Malmequer está realizado para sumar esforzos, non para restar nin contribuir ás estúpidas rivalidades entre grupos, que supostamente tentan manter ese patrimonio galego immaterial que son os cantos e bailes tradicionais galegos (entre outros).

Dende este medio de comunicación, que tentamos poñer ao servizo dese descoñecido mundo, non estamos dispostos a participar nos "piques" entre grupos, nin nos conflicos creados a partir de concursos para atacar a organizacións, mestres, grupos, participantes,... xa bastante temos con lograr que exista xente implicada na súa difusión como para participar e contribuir no desánimo de persoas ou grupos que tentan cos seus poucos medios sobrevivir para manter algo no que "supostamente" cremos todos como é o folclore tradicional.

Así que dende Malmequer tomamos a decisión de non manter o foro de comentarios dos últimos concursos, onde os ataques persoais e a grupos non se corresponden co foro que todos desexamos.

Podese estar en desacordo cos resultados, cos xurados, coas coreográfias, cos grupos,... mais non así.

Pedimos a colaboración de todos os que lle interesa participar nos debates para que sexan constructivos e nunca destructivos, hai moito que mellorar pero nunca tentando "malmeter" entre a pouca xente que polo menos algo fai polo mundiño tradicional.

Disfrutemos do baile e do canto, dos seráns e dos concursos compartindo o amor pola tradición, non pola pura competividade e envexa.

A polémica é boa, sempre que sexa sán.

Un saúdo a tod@s
Comentarios (21) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2008 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 Completamente dacordo coa vosa decisión.

A ver se botamos unha mán entre todos e non precisamente ao pescozo dos que comparten as mesmas aficións.

Eu, como dicían por algún dos foros, pediría tamén que os que fagan c#blgtk08#omentarios usen un Nick (alcume) para que os debates sexan máis entendibles ao saber ´quen participa, inda que non sexa o nome real.

Ánimo a Malmequer, que realmente o voso esforzo é grande e se agradece ter tanta información aquí.
Comentario por Xan Ghaiteiro (28-05-2008 22:33)
2 Muit@s galeg@s temos demasiado metido na testa o minifúndio... Non comprendemos que haxa outras #blgtk08#opcións ademais da nosa...

A vosa decisión é a atinada.

Un saúdo
Comentario por mariñao (28-05-2008 22:49)
3 Muit@s galeg@s temos demasiado metido na testa o minifúndio... Non comprendemos que haxa outras #blgtk08#opcións ademais da nosa...

A vosa decisión é a atinada.

Un saúdo
Comentario por mariñao (28-05-2008 22:50)
4 MOI BEN HE#blgtk08#NRIQUE!!!
Comentario por Marta (28-05-2008 23:25)
5 Mais razón non podedes ter. A verdade é que estas comptencias e estas rifas non acaban en nada.

De feito eu se non estou moi a favor dos concursos é por esto. A cue#blgtk08#stión é que loitemos todos por unha cultura e que coa mesma disfrutemos. Non importa ser mellores ou peores senón pasalo ben e compartir momentos de festa con amigos e compañeiros.
Comentario por Alexandre (29-05-2008 03:03)
6 Tal como estaban a se por as cousas..#blgtk08#. é o mellor que podías ter feito...
Comentario por Morrocantando (29-05-2008 08:49)
7 vaia, :'(

a min non deixa de me dar mágoa que tiveses que chegar a este punto.

é unha pena que a blogoteca non teña un sistema para evitar os comentarios anónimos (baixo o meu punto de vista, un dos aspectos que semella dar unha infantil sensación de liberdade-fóra#blgtk08#-de-toda-norma).

mais sobre todo é unha lástima que os participantes non tivesen a madurez suficiente para facer dos fíos temáticos un oco para o debate elegante.

supoño que co tempo a xente irase afacendo ao que son "as boas formas" en Internet... ou iso espero.
Comentario por ruben (29-05-2008 09:51)
8 totalmente dacordo ca decisió#blgtk08#n. Podiades telo feito antes
Comentario por un bailador (29-05-2008 10:12)
9 Sempre agardas que os participantes nun debate público teñan algo de sentidiño, sobre todo cando todos temos algo en común como é a defensa da cultura galega, máis está visto que o anonimato desata os instintos baixos dalgúns, que estropea os intereses doutros por debatir seriamente e comunicarse p#blgtk08#ara o bo e para o malo, que todos temos moito que aprender e mellorar.

É triste ter que tomar unha decisión así por primeira vez, mais agardo que cando sexa preciso debatir novamente a xente queira facelo doutro xeito máis comedido e amistoso.

Un saúdo

Comentario por Henrique (29-05-2008 10:35)
10 pareceme super ben o que fixechedes pero ainda que espero equivocarme porque me encanta a paxina veredes o que vos baixa o numero de visit#blgtk08#as sinto que sexa asi pero a polemica facia ke a xente visitase as partes realmente importantes da paxina ainda asi apoyo a vosa decision
Comentario por moi ben (29-05-2008 10:46)
11 Pois eu non sei o que decir...

Gracias á eses comentarios estaba a descubrir o descoñecemento que se ten fora de Ferrolterra do noso traballo no eido da cultura tradicional...

Nun foro de cometarios sempre haberá anónimos e xente a cara descuberta, críticas, desculpas, acusacións, defensas... xente que melmete, xente educada, xente destructicva, xente que pide perdón, xente que non o ace#blgtk08#pta, xente que sabe do que fala, xente ignorante...
En fin... de todo.

Comparto con Malmequer a idea de por límites nos debates... pero iso de retiralos é como abrirlle a porta á censura propia doutros tempos oscuros.

En calquera caso darlle o meu apoio aos responsábeis de Malmequer... Parabéns polo voso traballo!!!
(E moitas gracias por deixar esta portiña aberta)
Comentario por Ferrolterra (29-05-2008 12:45)
12 Ferrolterra, vou respostarche eu por Henri, é que non hai outra opción: na blogoteca, ou pasas o traballo de borrar as mensaxes novas a partir de certo punto, ou deixas que escriban libremente ou eleminas a o#blgtk08#pción de facer comentarios nun artigo (co cal borranse todos os comentarios dun golpe). Non podes parar os comentarios e que queden os feitos ata o momento...
Vamos, que non é por censura... entendes?
Comentario por Edu (29-05-2008 12:54)
13 Nin se me pasara pola cabeza pensar que Vós fórades censuradores... sei ben que nada máis lonxe do voso espírito fecer algo tan ruin.
Lamento que me poiderades entender #blgtk08#ao revés do que vos quería decir!!
Admírovos sinceiramente e reitérovos o meu apoio.
Gracias por ter tido en conta o meu comentario e respostarme.

Comentario por Ferrolterra (29-05-2008 13:18)
14 Non, non te entendín mal... simplemente, eu, como blogotequeiro que son tamén, tratab#blgtk08#a de explicar pq o único xeito de parar esta tolería é borrar todos os comentarios...
Comentario por Edu (29-05-2008 13:27)
15 Pues yo aprendi mucho esta semana, y saco al final muy buenas conclusiones, aunque parece muy duro ver toda clase de comentarios al final, saque la conclusion de que la sangre jamas llegara al río, y que somos un pueblo vivo y luchador. Quiza yo fuese el primero en pedir disculpas, pero todos aprendemos, aunque los comentarios y las decisiones de un " concurso " sean duras. Este blog me ha animado a ver otros y se seguirá con las polem#blgtk08#icas y distintas opiniones, pero todo te enseña. Animo para todos y a seguir debatiendo esto no hara más fuertes y luchadores. Todas los componentes de los Grupos de Pandereteiras tienen que estar muy orgullosas, ya que gracias a lo Buenas, Regulares o menos buenas han conseguido que mucha gente se haya involucrado en nuestra musica tradicional y la sigan con mas interes, entre ellos yo. Gracias Malmequer por esta ventana de opinion.
Comentario por JV (29-05-2008 16:10)
16 noraboa henrique, outra cousa ben feita, temos que tirar todos para adiante deste carro que tanto costa mover, os que queiran p#blgtk08#olémicas e insultos que miren os programas do corazón. saudos a toda a xente que de verdade quere a nosa música e ó noso baile
Comentario por marcos (29-05-2008 18:35)
17 QUE fuerte me parece!!!unha semana que estiven fora e non puiden ver isto e ajora que me entero que se montou la marimorena i eu sin enterarme do cotilleooooooooooooooooo porfabor algun alama caritativa que me haga un resumen. Tarambaina mayor del Reino preciso de ti #blgtk08#XA jajajajjaajja

PD: pon unha pandeireta ta túa vida é relaxante, reconfortable, axuda a durmir, fantástica para a apetencia sexual(sempre acopañada dunha boa jaita), e se non sempre queda de perlas colgada na parede do salon e plan super minimalista.
Comentario por equerquellequer (30-05-2008 01:59)
18 estou dacordo co decidido!!esti xa pasaba de neghro escuro!!a mim-e gustariameque o grupo Malveirs colgase na súa paxina o video resumo ou ke colgase#blgtk08#n todo o festival ou mo enviasen!!! pareceme que son un gran grupo e a súa actuación no festival foi moi boa!!!felicidades pola decisión malmequer!!!
Comentario por terradeferro (30-05-2008 09:27)
19 Menudo auditorio teñen os de malveiras para celebrar o concurso da gusto bailar nun escenario coma ese e con tanta xente.Felici#blgtk08#dades á organización.
E un comentario, pode gustar ou non o resultado pero polo menos non quedaron os premios desertos.
Comentario por menos polémicas (30-05-2008 09:47)
20 dacordí#blgtk08#smoooo
Comentario por (31-05-2008 19:05)
21 cada día mais linda mais lind#blgtk08#a cada día mellor e mellor...
Comentario por (01-06-2008 21:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer