Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apoio da CIG á manifestación en Compostela
O galego implícanos a todos e todas
Máis galego no teu centro de traballo


O mundo da empresa, o das relacións laborais ou o do traballo en xeral constitúen espazos públicos nos que, a diferente escala, a presenza do galego aínda non está plenamente normalizada. É máis, desenvolvermos o noso traballo con normalidade na lingua propia de Galiza resulta unha tarefa difícil, que choca moitas veces coa postura belixerante de boa parte do empresariado, que subestima, ignora ou mesmo despreza o galego como lingua válida no día a día dos centros de traballo.

Esta situación explícase polos condicionamentos ideolóxicos que vén sostendo a patronal no noso país, unha patronal instalada moi maioritariamente no español, idioma que funciona como lingua de poder fronte ao galego. Ademais desta razón de fondo, existen outras que teñen que ver coas rutinas que se dan na empresa, a falta dunha demanda social máis activa fronte a estas, as escasas medidas galeguizadoras impulsadas desde as diferentes administracións... A respecto destas últimas, non está de máis facer denuncia expresa do desleixo, a respecto da cuestión do idioma, que manteñen as diferentes instancias da administración no ámbito laboral (inspeccións de traballo, xulgados do social, Consellaría de Traballo e outros organismos).

Nunha situación como o actual, na que o galego segue sen alcanzar a súa plena normalización e nun eido como o sociolaboral, onde predomina o castelán de maneira abafante, é necesario darmos unha resposta, individual e colectiva, para avanzarmos no uso da nosa lingua no seo das empresas, nos centros de traballo e no conxunto das relacións laborais.

Témonos que implicar, conscientemente, en favor dun maior e mellor desenvolvemento do galego no mundo do traballo. E témolo que facer desde as diferentes vías en podemos facelo. Temos que denunciar, alí onde se produzan, todas aquelas situacións de discriminación lingüística que impidan que os traballadores e traballadoras poidamos facer uso do galego nos nosos labores cotiás; isto tamén nos procesos de selección de persoal, xa que aí moitas veces as empresas xa aproveitan para faceren a súa particular peneira de xente, infravalorando as persoas que se expresan habitualmente en lingua galega.

Témonos que implicar, tamén, demandando das empresas, e exixindo das diferentes administracións, un maior compromiso en prol do galego, tanto nas súas comunicacións e documentación (anuncios, contratos, nóminas...) como na oferta dos seus bens e/ou servizos, máxime cando estes teñan como destinatarios aos galegos e galegas.

Témonos que implicar, igualmente, a nivel social, promovendo activamente un maior uso do galego naqueles espazos e ámbitos da nosa vida (ensino, tempo de lecer, etc.).

Como traballadores/as galegos/as, que apostamos polo sindicalismo nacionalista que representa a CIG, debemos redobrar esforzos en favor do galego, a nosa lingua propia e nacional. Está en xogo a vitalidade dun dos sinais que mellor nos definen como pobo e como clase traballadora nesta vella nación atlántica chamada Galiza.

Manifestación “Polo dereitos a vivirmos en galego”. 18 de maio ás 12. Alameda de Compostela

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer