Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.


Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.


Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.


Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

www.amesanl.org

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
Autobuses desde as zonas para a manifestación do 18 de maio


Zona de Ferrol:

Autobuses desde Ferrol (gratuítos): saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza (diante do Teatro Jofre).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Lugo:

Bus (gratuíto) con saída de Sarria ás 9.15 da Rúa Calvo Sotelo (no cruce coa Cigüeneiñeira), con parada ás 10 da mañá en Lugo (Ronda da Muralla, Edificio dos Sindicatos) e ás 10.30 da mañá na área de servizo da autovía A-6 de Guitiriz.

Bus (gratuíto) con saída de Antas de Ulla ás 9.45 desde a Praza de Antas: paradas en Monterroso (parada de autobuses na Estrada de Palas) ás 10h e en Palas de Rei ás 10.15h (na Estrada de Compostela).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885), ao 620 565 712 (Fernán) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona da Coruña:

Buses (gratuítos) con saída ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza (xunto á antiga Fábrica de Tabacos).

Para te apuntares, chama ao 981 200 869 ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Valdeorras:

Buses (gratuítos) con saída do Barco de Valdeorras ás 8’30 da mañá (desde a Casa do Concello). Pararán tamén na Rúa de Valdeorras (diante da Casa do Concello) ás 8.45.

Para te apuntares, chama ao 622 53 80 10 antes do día 15 de maio.

Concello de Ames

O Concello de Ames pon ao dispor de quen o precisar un servizo de transporte gratuíto desde Bertamiráns e O Milladoiro.

Para utilizalo é preciso apuntarse antes do 13 de maio chamando, das 9.00 ás 15.00, ao teléfono do Servizo de Normalización Lingüística de Ames: 981 884 991.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer