Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Humor Neghro
CARLOS BLANCO actor e coautor de ’humor neghro’.
Abraiado co éxito da súa última obra ’Humor Neghro’, chega a Vigo coa ilusión de representar no teatro do Centro Cultural Caixanova: ’É un soño poder actuar nunha sala tan bonita, un auténtico luxo, e agardamos que a reacción do público vigués ante a nosa proposta sexa positiva, semellante a que recibimos ata o de agora’.


Carlos Blanco xunto ao músico Manecas Costas, o seu partener no esceario. foto: s.e.Nado en Vilagarcía de Arousa, en 1959, Carlos Blanco é actor, director e autor que traballou na Radio Galega e na Televisión de Galicia en títulos tan populares como ’Mareas Vivas’. No 2003 quedou finalista no Club da Comedia, e entre os seus traballos destaca un pequeno papel en ’Volver’, de Almodóvar. Actualmente é un habitual dos escearios galegos e da pequena pantalla pola súa colaboración na serie televisiva ’El Comisario’. Este fin de semana representa ’Humor Neghro’ no teatro de Caixanova.

Como está a transcorrer a representación da súa obra?
É un bo traballo, e estou moi feliz de como está a resultar todo. A xente gústalle e en tódolos teatros enchemos, incluso en Portugal, onde nun principio tiñamos algo de medo xa que o meu portugués non é moi bo e o humor ten moito de sutileza na linguaxe. Pero foi todo un éxito e dende entón nos saíron mais actuacións neste país.

En ’Humor Neghro’ comparte esceario co músico guineano Manecas Costa, como xurdíu?
Naceu como un flechazo cando o vin actuando en Pontevedra o 25 de abril. Propúxenlle que traballasemos xuntos e aceptou. Dende entón nos xuntamos na súa casa ou na miña para elaborar a música, que a fai el, e as letras, escritas por min, ademais tamén cantamos xuntos. O resultado é un cabaret de cadaleitos, xa que o esceario está presidido por seis caixas preciosas, deseñadas por Carlos Alonso, nada tétricas.

Serve como reflexión sobre os lazos de unión entre Galicia e Portugal?
Hai unha mesma cultura que fai que un músico portugués e un actor galego se entendan no esceario. É unha celebración dunha lin gua común, onde o audiovisual ten moito peso, e que conta con colaboracións como a de Batuko Tabanka, o grupo de caboverdianas asentadas en Galicia. Ao cabo é unha mestura intercultural que proba a infinidade de cousas que compartimos.

Favorecer estas afinidades luso-galaicas segue a ser unha asignatura pendente?
A fin da obra non é tanto amosar a relación entre Galicia e Portugal, senon celebrar unha cultura propia. Se somos unha eurorrexión no económico e no empresarial, ten senso que tamén o sexamos a nivel cultural e haxa intercambios entre artistas. Non debera ser nengunha novidade, non embargante é noticia, o que nos dá unha idea da situación na que estamos.

Como espera que sexa acollida a súa proposta en Vigo?
Agardo que se reciba moi ben, como no resto das localidades. En Cangas encheuse o teatro cun aforo de 700 prazas e quedou xente fóra. Por agora as vendas en Vigo van ben, cunhas 400 entradas vendidas para cada día. Ademais para min supón un luxo representar no teatro Caixanova.

Agora está compaxinando o teatro coa televisión, como o fai?
Pois é moi complicado. Este fin de semana representamos en Vigo, o martes e mércores gravo El Comisario en Madrid, para voltar o xoves a Galicia ata o sábado que estreamos ’Humor Neghro’ en Barcelona. É duro, pero merece a pena se che gusta o que fas.

En Barcelona tamén será en galego e portugués?
Estou pensando en facela medio en catalán e castelán, ademais de manter o galego e o portugués. É o bo do cabaret que a actualidade sempre está presente e non faltará a sobriña de Rouco. Xogamos coa improvisación, nengunha representación é igual.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer