Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Humor Neghro chega a Vigho
Son xa cinco meses percorrendo vilas e escenarios, enchendo salas e teatros por toda Galiza. Este mes, despois de acadar un importante éxito na súa primeira representación no país veciño, o pasado 25 de abril en Sines (Portugal), ‘Humor Neghro’ aterra en Vigo.

Carlos Blanco e Manecas Costa, ou o que é o mesmo, o teatro e maila música, únense neste espectáculo que xira en torno ao humor, á emigración e ás diferenzas e similitudes entre as nosas culturas. ‘Humor Neghro’ quere facernos ver máis aló, afastándonos dos tópicos, para centrarnos no que nos une por riba de todo, un mesmo xeito de ver a vida.

‘Humor neghro’ son Carlos Blanco e Manecas Costa. Carlos Blanco é un dos artistas galegos máis polifacéticos: xornalista, humorista e actor, a súa traxectoria esténdese por distintos medios, dende a radio ao cine, pasando pola televisión e o teatro. Manecas Costa é un dos músicos de referencia do seu país, Guinea-Bissau. Nos seus discos combina composicións propias, melodías do seu país e a súa característica voz.

Esta obra, que comezou a súa andaina en xaneiro, está a colleitar un grande éxito por parte de crítica e público, enchendo teatros ao longo da xeografía do país, chegando ao cheo absoluto coma no caso de Cangas do Morrazo e Vilagarcía de Arousa.

Este mes de maio chega a Vigo con dúas funcións. O auditorio do Centro Cultural Caixanova será o escenario onde o público vigués poderá gozar do ‘Humor Neghro’, o sábado 10 de maio ás 22h30 e o domingo 11 ás 20h30. As entradas pódense adquirir na taquilla do Centro Cultural Caixanova ou a través da web www.servinova.com, o servizo de televenda de Caixanova.

Con ‘Humor Neghro’, Manecas Costa e Carlos Blanco aparcan as súas diferenzas para amosarnos a realidade cotiá dun xeito innovador a través da música, os textos e unha posta en escea sorprendente. Esta obra é un punto de encontro para as culturas galega e portuguesa, alén de fronteiras, en clave de humor... neghro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer