Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ata 18 grupos poderán gravar disco co programa 'Outra+Outra'
A Deputación da Coruña financia con 34.800 euros unha nova edición de "Outra+Outra"

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia promoven un programa de gravacións para grupos musicais da provincia

Un total de 18 grupos de música, entre bandas, grupos de rock, folk, solistas e formacións orquestrais poderá beneficiarse este ano dunha edición do programa "Outra + Outra", impulsado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia para a produción doutros tantos CD.

O convenio que permitirá o desenvolvemento desta actividade foi asinado esta mañá polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e a súa homóloga da Fundación Paideia, Rosalía Mera, ambos os dous valoraron de forma moi positiva este programa "que pretende un desenvolvemento estratéxico do sector musical", segundo o expresado polo máximo responsable da institución provincial.

Fernández Moreda salientou que nesta iniciativa poderán participar os grupos ou formacións musicais que este ano se integraron na "rede cultural", "o programa cultural máis ambicioso dos desenvolvidos na provincia". Cifrou a participación na "rede cultural" nun total de 400 formacións ou grupos musicais.

Do conxunto das solicitudes, cuxo prazo se estende até o próximo 16 de maio de 2008, un xurado conformado por especialistas fará unha selección para decidir os 18 grupos que terán a oportunidade de gravaren un CD nun dos mellores estudos de España, o que a Fundación Paideia ten no Centro de Iniciativas Empresariais Mans, segundo o presidente provincial.

Salvador Fernández Moreda agradeceu que a Fundación Paideia poña ao dispor deste programa "un estudo que conta con tecnoloxía de última xeración, cunhas instalacións multifuncionais".

Cada un dos grupos seleccionados dispoñerá de mil copias do CD para saír ao mercado discográfico. "Un proxecto difícil de desenvolver para os grupos, de non desenvolver programas como o que hoxe aprobamos", dixo Salvador Fernández Moreda, que eloxiou a colaboración da Fundación Paideia.

O presidente provincial manifestou tamén que a Deputación da Coruña destinará un presuposto de 34.800 euros para financiar a actividade, de maneira que sufragará o 50 por cento do custo total da gravación. O cincuenta por cento restante corresponderalles aos grupos seleccionados. "Un custo asumible para os grupos", segundo a opinión de Fernández Moreda, quen apostou por incentivar a creación musical na provincia.

A presidenta da Fundación Paideia eloxiou esta iniciativa e o apoio da Deputación da Coruña, subliñando que este programa xa se estendeu a outros puntos de Galicia, como é o caso de Lugo co apoio da institución provincial lucense.
As persoas interesadas neste programa poden obter máis información e descargar a folla de solicitude na páxina web do centro MANS (www.mans-paideia.com).

Na pasada edición do programa, correspondente ao ano 2007, 15 formacións musicais conseguiron cadansúa gravación dun CD. Entre estes grupos, o coro de cámara Ludus Tonalis, a banda de música Sementeira de Cambre; o coro ferrolán Toxos e Froles; a formación coral tradicional máis antiga de Galicia; a coral polifónica O Pote; o grupo de danzas Lar, e, entre outros, a formación Capriccio Vocale.

www.dicoruna.es

www.mans-paideia.com

Grupos participantes na anterior edición:

-Intermissión dúo de Percusión (A Coruña)
-Grupo de Bailes Populares IAR (A Coruña)
-Capriccio Vocale (A Coruña)
-Grupo de Cámara Ludus Tonales (A Coruña)
-Antología Grupo (Cambre)
-Banda de Música Sementeira (Cambre)
-Dúo Saúl Canosa y Natalia Méndez (Santiago)
-Coral Polifónica ?O Pote? (Maniños/Fene
-Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
-Tamara Lorenzo Gabeiras (Ortigueira)
-Coral P. Casino Progreso de Franza (Mugardos)
-Banda de Gaitas Maruxía (Laxe)
-Capela de Música Lauda Sión (A Pobra do Caramiñal)
-Asociación Xuvenil Regueifa (Val do Dubra)
-Asociación Cultural ?O Castro? (Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0