Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo proxecto de Ialma
O grupo de música tradicional galega Ialma presentará o vindeiro 9 de maio no Teatro Molière de Bruxelas (Bélxica) ás 20.00 horas un espectáculo de danza baixo o nome de 100 voltas, que se basea no diálogo intercultural.

Segundo explicou o grupo a través dunha nota de prensa, o proxecto propón un ambiente de expresión cargado de "liberdade" para obter un resultado "espectacular", onde interactuarán "excelentes" músicos xunto con convidados "entrañables".

Ademais, revelou que co título de 100 voltas, que fai referencia á expresión ‘sei cen veces máis ca ti’, aspiran a facer todo o contrario e propoñen asemade a apertura cara a outras culturas para "coñecer, apreciar e ata enriquecer" a propia.

Entre os participantes do espectáculo estarán dúas ‘cantareiras’ galegas de 75 e 82 anos, Rosa e Aída, que viaxan por primeira vez a Bruxelas desde a súa aldea galega de Moscoso (Pontevedra).

Así mesmo, contarán con diferentes invitados relacionados co mundo da danza e o canto; así estará un especialista en danza de Hungría, Gabor Varga; un rapeiro de Galicia, Puto Coke; e unha cantante e bailarina de Tunisia, Ghalia Benali, entre outros.

Unha "nova" xeración da música galega dende fóra

O grupo Ialma, que está composto por cinco mulleres galegas residentes en Bruxelas, recolle desde hai anos os cantos tradicionais dos seus antepasados galegos para transformalos cun estilo "persoal" en música "actual, festiva e sedutora", para representar unha "nova" xeración de música galega.

A través de numerosos festivais e concertos o grupo presentou xa os seus diferentes álbums expresando, ó seu xuízo, a música cunha enerxía galega "incomparable".

Así, deron a coñecer o seu primeiro disco Palabras darei, gravado integramente a capella. Despois Marmulladas, que supuxo un encontro das cinco compoñentes galegas con músicos belgas, e o terceiro, e último, Nova Era, que contén unha versión de Under the bridge, un tema do grupo Red Hot Chili Peppers, así como composicións propias.

Baixo a dirección de Ad Cominotto, innovan na música onde as máis puras tradicións galegas soan como propias, dado á colaboración das septuaxenarias Damas de Laxoso na canción Lévame.

O disco contou ademais con colaboracións destacadas como Mercedes Peón e Guadi Galego entre outros artistas.

www.galicia-hoxe.com

Comentarios (17) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
17 Comentario(s)
1 Iso de que "recollen" para nada estou de acordo.Dende aqui e a xente que está no mundiño das recollidas acostuman a darllo todo feito, asi calqueira é "Ialma".Elas nunca se toparon co duro das recollidas, de que che dan coa porta nos morros, de gastar gas#blgtk08#olina para chegar a un lugar e non conseguir nada...etc, .-E mais doado darlle os contactos, falar cos vellos de que van ir unhas rapazas de Belxica, incluso levalas ata o ligar indicado, pasarlle cintas de recollidas xa feitas....asi calqueira nenas!!!!
Comentario por baranguinha (07-05-2008 09:58)
2 penso exactamente coma ti!!!!
así eu tamén grabaría discos!!!!!!!
pero claro intentaría que non fora tan desafinado como os seus, e que decir que xa teñen 3 discos no mercado eso e incribel.
e que me dis #blgtk08#de que cantar o día do apostol na quintana?????? eu flipei, pero fun como tantos outros pero non para velas a elas.....se non os amigos ( o título do concerto era, Veronica Codesal e amigos)
moi forte!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Comentario por eu tamén (08-05-2008 02:55)
3 Tes que contar que teñen un equipo técnico e de producción alucinante e , si a iso lle engades o resto que comento eu arriba...asi calqueira.
De todos modos a señorita Veronica ten moito atrevemento cantar a duo con Aurea de Laxoso porque cada un ten que saber a suas limitacións e penso que#blgtk08# esta rapaza non é consciente de que non ten voz, eso si, tecnica vocal a que queiras pero non voz.
Eu creo que a culpa non é dela senon do resto que lle bailan a auga.
Eu morreria de vergoña a semellante atrevemento de cantar con ese monstruo que é Aurea.En fin...eche o que hai!!!!!
Comentario por baranguinha (08-05-2008 12:13)
4 Sodes unha tropa de carallo. Talibáns de novo cu#blgtk08#ño. Penosos!!!
En que mesa comeredes vós?
Comentario por Antimerdeir@s (08-05-2008 13:37)
5 o caso e que e#blgtk08#stán boisimas
Comentario por si (08-05-2008 16:47)
6 pois que triste que triunfen so porque estan boisimas#blgtk08#..puuffff.
Cada un a curralo como ten que ser.
Comentario por baranguinha (08-05-2008 17:09)
7 e os grupos de aqui a morrer de fame c#blgtk08#omo ten que ser, ou non antimerdeiro?
Comentario por baranguinha (08-05-2008 17:11)
8 Se morres ou morredes de fame saberalo ti, e terás que defender o que che corresponda, pero poñer podre aos demais ou valorar as #blgtk08#cousas da maneira que ti valoraches di moi pouquiño de ti e do que queres defender.
Cabesiña é o que falta nese mundiño.
Comentario por antimerdeir@s (08-05-2008 17:21)
9 falo dende a experiencia no mundo do folclore tradicional e o non tradicional dende fai 30 anos, asi que se#blgtk08#i ben do que falo.
Ainda que xa vexo que toquei o teu ponto feble. ay! que peniña.
Con Deus!
Comentario por baranguinha (08-05-2008 18:27)
10 Punto feble? Pero ti de que falas? Creo que andas algo dispersa...Bueno, realmente un dos meus pontos febles é a xente envexosa e maleducada coma ti que me pon malo e xa podes#blgtk08# falar dende os teus 30 anos de non seique porque en actitude estás moi mal, creo que eu levo algún máis ca ti, xa combatín a Franco neniña, e sei moi ben do que falo tamén.
Comentario por antimerdeir@s (08-05-2008 18:50)
11 Dubido moito da envexa que poida sentir neste caso a "baranguinha", pero moitísimo, vaia. O que está claro, e de todos é ben sabido, é que non precisamente o bo ser e o bo facer é o que triunfa neste mundo. I#blgtk08#so si que é triste. Considero, cando menos, lóxicas as palabras da rapaciña. Mais, no atopo demasiada lucidez nas outras... por favor, deamos exemplo daquelo que presumimos a lo menos...

saúdos
Comentario por mag (08-05-2008 19:11)
12 certo e que son maliiiiiiisisisisimas, ou non?
non entro en si deberían ou non grabar discos, si teñen cartos para facelo#blgtk08#s que os fagan, o que e incribel e que alguen os merque........
eu dende logo comprei o primeiro e....MUNCA MAIS
Comentario por eu tamén (08-05-2008 21:32)
13 Non quería entrar na polémica... pero supoño que terá o su merito lograr a publicación de tres discos, e ter ademais o éxito que teñen en Belxica, supoño que tamén debido ao éxito de Urban Trad, máis éxito que aquí na Galiza onde realmente son pouco coñecidas e soamente nun sector do ambiente folc.

Outro t#blgtk08#ema sería si a recompilación das súas pezas e mérito delas ou doutras persoas que lle dan o traballo feito, pero iso é outra historia non sendo nada extraordinario nos grupos de música folc.


Saudinhos e non entremos en descalificacións

Cada un despois mercará ou non o que lle guste.
Comentario por Henrique (08-05-2008 21:51)
14 Efectivamente, e os feitos están aí (nas ventas). A min non me gusta nadiña ialma pero eso non quita que teñen todo o direito do mundo a estar aí e presentar a súa proposta sin que veña ninguén a dicir o que está ben ou mal como si tivese a posesión da verdade...Por favor, a estas alturassssssss!!! Que dos "guais" do #blgtk08#folcloreo anda que non hai que dicir!!! O máis sensato (creo) é estar espectante e ver o que cada un fai e valorar, porque a xente fala e fala pero non fai nadiña e ises son a maioria e os peores.

Por certo, aquí hai moito colegueo, non? Unha perna tapa á outra, non é así? Sede sensatos cona!
Comentario por antimerdeir@s (08-05-2008 22:40)
15 #blgtk08#
Comentario por baranguinha (09-05-2008 09:52)
16 Eu creo que este é un foro donde a xente pode opinar do que queira, sin faltar o respeto.
Xa me queda claro que viviches o franquismo ,porque non aceptas as criticas da xente e esa agresividade que desprenden as tuas palabras mete medo.
E coas tuas palabras o unico que queda en mal lugar eres ti.
ou sera que ti #blgtk08#eres un deses que lles pasa todo o material??
Viva a democracia e a liberdade de expresión!!!!!
Isto é o último que tiña que dicir porque eu con faltons non acostumo a manter ningun tipo de comunicación.
pero a parte diso, mandoche un bikiño enooooooooooooooooooooooooorme.
Porque yo lo valgo!!!! ja ja ja
Comentario por baranguinha (09-05-2008 10:01)
17 Eu tamén che mando biquiños muller, como non, sabes o que pasa? Que a veces as verdades son doorosas e hai quen non é capaz de asumilas escudándose ou escondéndose no maos que son os demais sen recoñecer os defectos proprios, esta é unha questión de ombiguismo tribal, moi proprio de este país que se mata a si mesmo no día a día. Y se lo digho sen acritude.

E di o que queiras, muller, pero non me cortes a posibilidade de che contestar porque a democracia é iso, e que ti sexas capaz de argumentar o que che pareza;#blgtk08# non esquezas que as primeiras palabras descalificadoras de este fio foron túas, mi querida demócrata, que queres, só froles dos teus amighitos? Pois non!

Eu por fortuna, estou moi lonxe do folcloreo de novo cuño e de toda a mandanga que hai ao seu redor e vóltoche a repetir que nin coñezo ás guapitas de ialma nin me gustan, pero a túa actitude menos.

Por certo, claro que vivín o franquismo, pero, para ti quen eran os malos, os franquistas ou os que loitábamos contra el? Porque non me quedou claro.
Comentario por antimerdeir@s (09-05-2008 10:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer