Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Lamatumbá
Saben facerse agardar. Tres anos levamos esperando por eles e, ao fin! “Paraugas universal” xa está nas tendas para choutar

Lamatumbá vive a súa segunda vida tralo éxito de “Lume” e faino con “Paraugas universal”, o seu novo e esperadísimo disco. As idas e vidas de novos membros no grupo non lle restaron nin un chisco de festa. Desde o primeiro tema, “Malas herbas” ata o último, o número quince deste CD, “Aquí”, o grupo pide bailar, bailar e bailar.

A nova viaxe lamatumbeña, coa pasaxe de PAI Música, chega ás tendas de discos hoxe con pasaxeiros excepcionais nas colaboracións entre os que destacan Uxía Senlle e Guadi Galego. A nova ruta leva a voz de Sergio Zearreta “Trosma”,
chegado hai quince meses á banda.

Actor e agora “rock star”, como el se describe con mofa, “Trosma” presenta o novo disco (no que se aventurou a escribir as letras de varios temas) acompañado dun DVD que presenta o vídeo “Camiños” e as impresións da banda durante a gravación nos Estudios Casa de Tolos de Gondomar. “Paraugas universal” chega, así, para acollernos a todos na súa fusión de estilos, preparados para brincar, unha vez máis, no torreiro da festa.

- Rexeneración, nova vida, cambio radical... en que etapa se encontra agora Lamatumbá?
- É un grupo que sofre unha transformación coa miña entrada maila de Rafa e Nico para compensar a marcha doutros componentes. A min, chamáronme para probar a voz e comecei en xaneiro de 2007. En outubro, xa tiñamos o disco preparado para entrar en estudio. O traballo fíxose moi rápido.
No primeiro disco están as ideas de toda unha vida, no segundo as ideas de todo un ano.

- O cambio de cantante nunha banda pode supór un duro golpe. Incomódache que che comparen con
Ico?

- No que respecta á miña voz, non houbo demasiado críticas. Levo un discurso diferente ao anterior cantante pero creo que compaxina ben co grupo.
Eu son novato e a xente do teatro sente envexa de que ande por aí de “rock star”, é o papel que todos queren ter. É un personaxe bastante total o de ser cantante de grupo de rock. A nivel enerxético é moi esixente e non me deixa leria para outras cousas.

- Seguides igual de festeiros pero soades diferentes. Coincides nisto ou cres que o actual proxecto é parecido ao anterior disco “Lume”?
- Eu creo que o son é parecido ao do anterior disco. É algo implícito á persoalidade do grupo que xunta experimentación, fusión e baile, pero agora con máis visceralidade. É no que nos baseamos cando compoñemos e gravamos pero con ánimo de festa. Despois, tamén hai algún tema intimista que sae de min...

- O ska déixadelo de lado?
- Nalgún momento do disco si pretendemos facelo. É un elemento máis, non primordial, pero tamén temos cumbias, tango, merengue... que cobran outra dimensión. Había que volver aos ritmos do primeiro disco pero a partir de aí había que crecer.

- Quitando estes días, non che está a chover moito.
De onde vén o título de paraugas universal?
- É unha historia, unha lenda de Xan da Cova, un personaxe ourensán peculiar que inventou o trampitán, linguaxe que só entendía el mesmo. Xan falaba dun posible invento de poñer un paraguas no casquete polar para evitar a chuvia.
El tiña un mundo fantástico que nos atraía moito. Pablo Otero, que nos fixo a arte do disco, foi o que propuxo o nome en alusión ao invento de Xan da Cova, olvidando a teoría da relatividade. Así que xa nos convenceu. E polo da falta de auga, ogallá fagan falta os paraugas...

- Cando colledes a ruta dos directos?
- No directo, é onde queremos crecer. A idea é empezar a xira a mediados de maio. Gustaríanos empezar o Día das Letras Galegas. A idea é que durante este mes, os máis fanáticos que algún hai afortunadamente, vaian mirando as letras e aprendéndoas para que despois enchan os locais. Tamén sacamos o vídeo “Camiños”, o noso primeiro sinxelo, que está en You Tube para que a xente o disfrute e vexa as caras novas que hai.

www.farodevigo.es



O vindeiro mércores día 7 de Maio, Lamatumbá estará na Fnac de A Coruña firmando exemplares do seu "Paraugas universal"

Os seguidores de Lamatumbá da Coruña están de noraboa. A partires das 19:30 h do vindeiro mércores día 7 de Maio na Fnac de A Coruña, a banda firmará exemplares ante o público do seu derradeiro traballo discográfico "Paraugas Universal" (PAI-Música 2008).

22 de maio, presentación do novo disco en directo e inicio da xira por toda Galiza.
Sala Capitol de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer