Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Voces Ceibes: 40 anos despois
Voces Ceibes: 40 anos despois (1968-2008)

No ambiente universitario santiagués de finais dos sesenta, algúns estudantes sensibilizados pola difícil realidade social da época descubriron o poder da palabra unida á música para axitar conciencias.b>

O duro control do franquismo perseguía calquera postura crítica, pero noutros recantos había xente como Lluis Llach, Mikel Laboa ou Raimon que respostaban ao acoso da policía con cancións.
Precisamente, unha actuación de Raimon en Compostela (marzo de 1967) supuxo para varios daqueles rapaces unha experiencia reveladora. Ao ver as emocións que xeraban entre o público as cancións do valenciano, decatáronse de que a música era a forma de expresión que necesitaban para difundir o seu ideario.

Foi por iniciativa de Xavier González del Valle, un alumno de Químicas máis interesado en compoñer cancións que nos estudos, que Benedicto, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas entraron en contacto. El impulsou o histórico concerto da Facultade de Medicina, do que se celebrou o 40º aniversario o pasado 26 de abril.

Aquel recital foi a primeira das moitas ocasións na que os cinco compartiron escenario. Semanas despois, nun encontro con Alfredo Conde e Margariña Valderrama no bodegón do Hotel Compostela, o movemento tomaría corpo: ?Reunidos, pois, naquel bodegón decadente (no retrete lucía a pintada de ´Viva Galicia Ceibe de farrapos e cadeas ´) e sentadas as bases (canción monolingüe, social, belixerante,etc), faltaba o nome que tiña que agruparnos.
Recordo que eu propuxera o de ?As ovellas negras? e que fora rexeitado por radical e improcedente. ?Os biosbardos?, que era o barallado por Alfredo, resultaba un chisco lírico e, por tanto, inoperante. Ao fin Xavier González del Valle apuntou o definitivo: ?Voces Ceibes??. Así, con claridade e humor, recorda a escea Vicente Araguas no seu libro Voces Ceibes (Edicións Xeráis, 1991).

O proxecto tiña unha intención clara. A identidade cultural galega estaba baixo o control do réxime, que supervisaba as actividades das agrupacións folclóricas para que foran acordes coa interpretación da tradición que facía o franquismo. Polo que había que reaccionar creando un colectivo que promovera a Canción galega, da mesma forma que o fixeran os grupos Els Setze Jutges en Cataluña ou Ez Dok Amairu no País Vasco. Até a súa disolución en 1974, Voces Ceibes traballaron arreo nesa dirección. Facendo actuacións en centros culturais de toda Galicia ?en moitas ocasións gratis-; musicando a Manuel María, a Ramón Cabanillas ou a Celso Emilio Ferreiro; establecendo coloquios co público; enfrentándose coa censura. Algúns dos que participaran no concerto de Medicina abandonaron o barco antes de tempo, pero chegaron outros que mantiveron o impulso: Miro Casabella, Tino Álvarez ou Xaime Barreiro Gil. Aínda que, malia os esforzos, deron con moitos máis problemas no seu camiño que os grupos vasco e catalán que lles servían de modelo.

Deixando de lado as discrepancias internas e as entradas e saídas de compoñentes, unha das grandes limitacións de Voces Ceibes foi que en Galicia non había industria discográfica; a súa editora era de Barcelona. Como os resultados comerciais eran discretos, a aposta polo colectivo da Canción galega era tímida.

Tampouco axudou o feito de que existira unha corrente de artistas con carácter máis comercial que utilizaba á súa orixe como unha ferramenta de promoción. Andrés do Barro cantaba na nosa lingua, pero outros coma María Ostiz ou mesmo Julio Iglesias nin sequera iso. Porén, a maior limitación eran os pobres coñecementos técnicos dalgúns dos membros: unha eiva que non deixaba desenvolver ideas músicas máis complexas.

Estas circunstancias fixeron de Voces Ceibes un movemento de gran valor para a nosa historia cultural, pero sen efectos no presente da música galega. Para colmo, é difícil de rastrear, porque atopar os discos que publicaron é misión imposible. Se como din, hai que coñecer o pasado para poder construír un futuro, a música galega ten un problema mentres non se reediten equelas gravacións.

www.farodevigo.es

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2008 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ¡Saludos! Soy el autor del vídeo. No sé si será una sorpresa, pero no soy gallego: soy madrileño. El caso es que, curiosamente, tal como apuntas, a través de mi blog y otras cosas como este #blgtk08#vídeo, he dado a conocer Voces Ceibes incluso a los mismos gallegos. En Madrid pasa otro tanto de lo mismo con nuestro gran colectivo: Canción del Pueblo. Es bastante frustrante. Un saludo.
Comentario por Gustavo (13-05-2008 13:13)
2 Ola Gustavo

Noraboa polo video, como ben dis a historia esquecese e as novas xeracións perden o referente da existencia destes grupos de#blgtk08# persoas, que eran algo máis que soamente cantantes daquelas épocas.

O dito, noraboa por axudar a non esquecer.

Henrique
Comentario por Henrique (13-05-2008 14:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0