Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Miro Casabella en Vigo
Luns, 5 de maio ás 20.00 horas na Aula Magna da Escola Oficial de Idiomas de Vigo
(entrada de balde)

Miro Casabella

Ramiro Casabella López (Ferreira do Valadouro, 1946). É un músico galego vencellado nos seus inicios ao grupo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo Doa.

Estudante de Arquitectura en Barcelona, o seu debut musical acontece no ano 1967 nesa cidade, acompañando a cantantes da Nova Cançó Catalana. Será tamén en Cataluña onde grava os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta: Miro canta as súas cancións e Miro canta cantigas de escarnio e maldizer. Ambos os traballos son EP's de catro cancións. O seu contacto co grupo Voces Ceibes terá lugar a mediados do ano 1968, cando Benedicto e Xerardo Moscoso acudan á capital catalá para gravar os seus primeiros traballos. Miro intégrase completamente no colectivo, aínda que continúa cos seus estudos en Barcelona. Durante os seguintes anos colaborará en xiras por Francia acompañando a Paco Ibáñez e polo Estado español colaborando co cantor portugués Luis Cília.

En 1970 participa no I Festival da Canción Ibérica, xunto con Paco Ibáñez, Luís Cília, Xabier Ribalta, e José Afonso. Tamén nese mesmo ano toca en París na Festa da Humanité, a festa do PC francés, onde actuarán tamén figuras como G. Moustaki, P. Ibáñez ou J. Báez.

A finais de 1974 o grupo Voces Ceibes decide finalizar o seu proxecto e dar comezo ao Movemento Popular da Canción Galega onde, cunha perspectiva ampla, teñen cabida múltiples artistas de distintos estilos. Miro participa do novo colectivo e actúa no seu único concerto, o 2 de marzo de 1975 que consegue reunir a máis de 5000 persoas no Pavillón do Obradoiro, en Compostela.

Nos anos seguintes, Miro participará en multitude de concertos e festivais, na Galiza e en todo o Estado español, unha actividade que aumentará a partir de 1976 coa desaparición da censura franquista que propiciará tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.
En 1977, e con arranxos de José Mário Branco, ve a luz o disco Ti, Galiza, e dous anos máis tarde publicarase Treboada.

A finais dos anos 70, Miro entra en contacto co grupo folc DOA, que lle propón colaborar no que ía ser o seu primeiro traballo. O cantor incorpórase ao grupo, co que colaborara facendo arranxos, en labores de produción, e tamén como cantante nalgúns dos temas, aínda que a orientación do grupo segue a ser eminentemente instrumental. A súa colaboración non foi máis alá do primeiro traballo (O son da estrela escura, 1979) e rematou a principios dos anos 80.

O último traballo individual do cantor sería o disco Orballo, de 2004, onde ademais de revisar algúns antigos temas, toca novamente a problemática social do pobo galego dende unha perspectiva contemporánea, cunha canción dedicada ao Prestige. Ese disco e o feito de seguir participando nalgúns concertos, convérteno no último representante de Voces Ceibes en activo, tras a morte de Suso Vaamonde e o abandono da carreira musical do resto dos seus formantes.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2008 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer