Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana

V Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
Imos pra Asturies!!!


O sábado 10 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por quinta vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!! ;-).

-20:30 h. Será a hora na que nos, xuntaremos tod@s no Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (...asturiana hehehe), que unha boa ?folixa? presta ben máis co bandullo cheo.

-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras d?O Tear de Llerena (Pontevedra) e máis das anfitrionas, Pandereteres de Fitoria.

-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.

E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.

O prezo estipulado é de 30 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!

Información e Inscricións:

-Chamando ao propio El Sabil: 985 761 472. www.elsabil.net.

Organiza: Colectivo Transeu.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2008 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Grande estrea das Panderetei#blgtk08#ras d'O Tear de Llerena!!!!
Comentario por Henrique (04-05-2008 14:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0