Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” 2008

A celebrar os días 30 e 31 de agosto no TEATRO JOFRE de FERROL.


BASES e a PEZA OBRIGADA

O "Constantino Bellón" foi creado polo Ateneo Ferrolán, no ano 91, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter e potencia-la nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a figura dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estricto das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor Luís Seoane, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a tódolos gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.

Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un papel representativo de Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade.

No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos, co seu significado de industria comprometida na defensa da cultura galega.

Dende a 6ª edición, no ano 96, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible gracias á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financia os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste senso, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do "Constantino Bellón", o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a tódolos centros galegos do país e da diáspora.

Tamén, e dende o ano 2004 engadiuse o Punto nº 9 das Bases do "Constantino Bellón", o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.

Como referencia, adiantar que a día de hoxe, recen celebrado o 17º Concurso, témo-la edición das dezasete finais, en formatos de longa duración, audio e disco compacto, e nas dúas últimas gravacións contamos coa edición do Premio de Composición.

Por último dicir que, temos como obxectivo a publicación dun libro que recolla un TRABALLO DE INVESTIGACIÓN que terá tres apartados relacionados coa música de gaita: HISTORIA E EVOLUCIÓN DA GAITA, AFINACIÓN DA GAITA e un terceiro sobre A PALLETA E O RONCÓN.

O Prazo de inscrición remata o 13 de xuño do 2008

Descarga as BASES en formato .Doc
Descarga a PARTITURA ”Olavide”

www.ateneoferrolan.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-05-2008 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer