Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

'A crise carnívora' e 'Abrígate' farán a súa estrea mundial na Coruña
Os dous novos filmes da produtora galega Continental farán a súa presentación oficial no noso país.

Trátase de dous filmes ben diferentes, cuxa estrea vaise producir cunha semana de diferenza. O xoves 15 de maio A Coruña acollerá a presentación de A crise carnívora, un filme que se estreará en todo o Estado o día seguinte. É a primeira longametraxe realizada integramente en animación flash. Cun humor irreverente e dirixido non ao público infantil, senón a unha audiencia xuvenil e adulta, A crise carnívora conta a historia dunha hiena que visita o cemiterio na procura de cadáveres para poder comer carne; porén, cando chega alí, descobre que non hai corpo ningún, pois outros tiveran a súa mesma idea.

O filme está producido por Continental e foi realizado polos creadores de Cálico Electrónico, a serie de animación en Internet de máis éxito, vista por máis de 50 millóns de persoas. Conta con Joaquín Reyes (Muchachada Nui), Oskar Terol (Vaya Semanita), Enrique San Francisco ou Pablo Carbonell para a súa dobraxe en castelán. Peron na súa versión galega, as voces serán da mesma categoría: Manquiña, Antonio Durán Morris, Os Tonechos, Xosé Manuel Piñeiro, Xurxo Souto e o grupo de Corre Carmela que chove, que se atreve a poñerlle a voz de Fraga a un oso panda moi estupendo.





Por outra banda, o 23 de maio estrearase na Coruña Abrígate, outro filme de Continental, dirixido por Ramón Costafreda con guión de Fernando Castets, responsábel do texto de El Hijo de la novia. A película, que se rodou entre Betanzos e A Coruña, está protagonizada por Félix Gómez, Manuela Pal, María Bouzas e Celso Bugallo. Ademais, as cancións que aparecen no filme son obra de Uxía, completando unha achega galega que se estende a boa parte do equipo técnico.

No filme, Valeria cambia o seu Bos Aires natal por Betanzos, de onde procede a súa familia. Excéntrica, soñadora e divertida, aos seus 25 anos atópase na encrucillada sentimental máis surrealista da súa vida: trala repentina morte do seu maduro e atractivo amante, namórase de Marcelo, o fillo do defunto.



www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0