Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do Concurso Xacarandaina

XIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina 2008

PANDERETEIRAS

CATEGORÍA A: ata 9 anos inclusive.
1º “Quintán” da A.N.P.A. do CEIP – Mondego.
2º "Cantaruxeiras" da A.C. Donaire
3º “Teirón” da A.C.R. e D. San Martín-Razo

CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos inclusive.
1ºArtabria” da E.B.P. IAR
2º“Chiculateiras” da A.X. “Xiradela” – Arteixo
3ºMar Adentro” da A.C. “As Neves” – Buxantes


CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos inclusive.
1ºTaín” da A.C. Adro-Baio
2º“Névedas” da A.C. Arume-Verdillo
3º“Lanzalía” da A . C. O’Castro-Miño


CATEGORÍA D: dende 18 anos en adiante.
1º “Donaire” da A.C. Donaire
2º Asociación Cultural Os Muiños–Oliveira
3º “A” da E. de M. Cantigas e Agarimos


CUARTETOS

Non houbo categoría A

CATEGORÍA B: de 14 a 17 anos inclusive.
1º "Zaloira" da A.C. Tremiñado - Ponteareas
2º"As Brañas" da A.M e D.T. Queiroa-Sada
3º Agrupación cultural "Malante·-Malpica

CATEGORÍA C: maiores de 18 anos.
1º“Alxibe” da A.C. Tremiñado-Ponteareas
2º“Donaire” da Asociación Cultural Donaire
3º“Loaira” da A.C. R. e D. O Castro – Miño
Comentarios (39) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
39 Comentario(s)
1 Se comprobades algún erro nos resultados, avisade.

E se hai máis comentarios sobr#blgtk08#e o resultado pedimosvos moderación, respecto e bo ambiente entre tod@s.

Un saúdo
Comentario por Henrique (28-04-2008 09:18)
2 non fun ó concurso, pero visto o d#blgtk08#e xiradela, este resultado gustame
Comentario por Javier (28-04-2008 10:03)
3 Eu si fun ó concurso e creo que houbo grupos que sí mere#blgtk08#cía premio, pero haberá que conformarse cos que deron.
Comentario por (28-04-2008 10:08)
4 Donaire levou o primeiro e Os muiños o 2º pero... que lles pasou aos muiños onte? co boas que son onte meteron a pata ata o fondo (a guía da ribeirana perdeuse seguido e na jota empezou a cantar ela sola; creo que se non fora polos fallos dela terían sido primeiro premio coma o out#blgtk08#ro día). Con todo o meu repesto considero que donaire levou o 1º porque os muiños se equivocaron moito senón clarisimamente o resultado sería ao revés.
Animo aos muiños a que ensaien un pouquiño máis; notouse que a rapaza estaba moi perdida. Saudos e escribo dende o bo rollo
Comentario por Silvia (28-04-2008 10:37)
5 Por certo, gustoume moito máis a rapaza que sacou#blgtk08# o outro día o canto que o que a que o sacou onte
Comentario por Silvia (28-04-2008 10:38)
6 Ola! onte no concurso pasou algo que me pareceu moi desagradable. A min tanto me ten donaire coma os muiños pero cando a rapaza de os muiños se equivocou xente de donaire emp#blgtk08#ezaron a abuchear polo baixo; parecía que estivesen esperando un erro con tódalas forzas e pareceume super irrespetuoso pola súa parte. Gustaríame que non volverse a suceder
Comentario por Alma (28-04-2008 10:42)
7 Meus parabéns a Donaire...son xente sinxela que traballa con moitas ganas e merecen estar onde están. Penso que as nenas dos muiños son do mellorciño que hai, pero todo o mundo ten un mal día, ainda así considero que cada concurso debe xuzg#blgtk08#ar de xeito individual, non considero procedente ese comentario " se equivocaron moito senón o resultado sería clarísimamente o reves", ningún estamos na cabeza do xurado para facer esas afirmacións tan categóricas.
Saudiños
Comentario por Aniña de Marín (28-04-2008 11:40)
8 Ola Aniña. Pero ao mellor eu si coñezo a algu#blgtk08#én do xurado e si está xustificado o que digo
Comentario por Silvia (28-04-2008 11:44)
9 Home, en realidade, o dos abucheos... só foron comentarios como fixeron todos os outros grupos e tamén#blgtk08# cara outros que se trabucaron igualmente... pareceme que se están buscando cousas onde nos as hai...
Comentario por (28-04-2008 12:14)
10 Eu estaba abaixo e foron abucheos non simplemente c#blgtk08#omentarios. Vamos a chamar as cousas polo seu nome
Comentario por Silvia (28-04-2008 12:31)
11 Xa temos a alguen int#blgtk08#entando montar gresca
Comentario por untradi (28-04-2008 12:34)
12 Persoalmente penso que estamos chegando a un punto no que se intenta buscar a polémica baseándose no que sexa.

Os premios, o de sempre, para gustos, cores. Seguramente eu non houbera dado eses premios pero... se quero que os premios sexan como eu quero ter#blgtk08#ei que ir de xurado algunha vez.

Con respecto o dos abucheos... creo recordar que en Donaire son 5 pandereteiras, e contando con que as irmás estaban co cuarteto... se as contas non me fallan quedaban 3... non sei, parece que non me cadra.

Comentario por Rebeca (28-04-2008 12:51)
13 Felicidades a Donaire pero en donaire no son solo 5 pandereteiras; de pandereteiras solamente se presentaron tres grupos de esa#blgtk08# asociación. Fue una pena lo de Muiños; podían haberlo hecho mucho mejor. Por cierto, yo tambié escuché los abucheos. Un saludo
Comentario por Lila (28-04-2008 12:57)
14 Pois non teño motivos para dubidar da túa palabra, Silvia, pero sí que me dá a impresión de que non es obxetiva, como se tiveras algo persoal contra eles; e repetimos, unha vez máis que este foro pretende ser algo respetuoso e constructivo, para intercambio de opinións sobre a música tradicional sen entrar en debate sobre "fulanito dixo, que eu escoitei..." por favor, que somos adultos! Por outra banda, resulta que#blgtk08# "o mellor" eu tamén coñezo alguén do xurado e nunca me atrevería a falar pola súa boca. O xurado decidiu dar os premios así e me parece correcto, igual que sucedeu en xiradela. Por último, nos concursos participan máis grupos que Donaire e os Muiños, non comprendo por que sistemáticamente as críticas se centran neles, gustaríame ver que se aportan pontos de vista constructivos do concurso en xeral.

Comentario por Aniña de Marín (28-04-2008 14:09)
15 Eu non son de ningún dos dous grupos pero considero que non lle estou a faltar o respeto a ninguén dicindo que as pezas dos muiños eran moito máis difíciles e que se o tiveran feito ben estou segura e sei que terían levdo o 1º. Creo q non estou a ser irrespetuosa para ninguén. Por outra parte considero que os #blgtk08#muiños onte non tiñan que ter levado premio e que outros grupos sí así que creo q estou sendo totalmente imparcial e creo non lle estou faltando a ninguén (ou polo menos esa non é a miña intención). Se as críticas se centran nestes dous grupos supoño que será porque son os mási potentes e os que gañan sempre.
Comentario por Silvia (28-04-2008 14:16)
16 A túa opinión, tal e como acabas de expresala, paréceme moi lexítima, o que non #blgtk08#comparto son as formas das opinións anteriores, te agradezo o cambio de ton...
Comentario por Aniña de Marín (28-04-2008 14:32)
17 Silvia, felicítote polo teu prodixioso oído… #blgtk08#Eu estaba abaixo tamén e non escoitei nadiña…
Comentario por (28-04-2008 14:44)
18 Como xa se ten dito noutros comentarios cada un ten en mente un resultado de concurso, ten que ser moi dificil ser xurado e valorar todos os conceptos a ter en conta: interpretación, autenticidade da peza, nivel de dificultade,... e todo isto mesturado co curriculum dos distintos grupos que neste mundo tod@s son coñecidos despois de tantos concursos e xa hai unha previsivildade dos candidatos a gañar os premios, índa que é de agradecer que outros grupos vaian entrando tamén neses #blgtk08#nivel.

A min prestame disfrutar da música, de escoitar as boas interpretacións, de acabar montando unha boa festa e de xuntarnos tod@s os que gustamos da música tradicional sen ese resquemor que causan estas competicións...

Noraboa aos gañadores e que uns concursos non fagan crear antagonismos entre os grupos.


E que se hai comentarios, que non personalicen nin se perdan as formas.

Un saúdo a tod@s

Comentario por Henrique (28-04-2008 14:47)
19 ese henrique!!

(perdón, non quería personalizar, XDDD)

ese comentarista previo-xenérico!!

se é que isto dos concursos... é o que ten. non miras? a que sobre o serán do ghaiteiriño n#blgtk08#inquén se pon a criticar? e iso si que foi unha festasa... (perdinme a vosa actuasión, non me dou crusado con vós, ultimamente; cheghei ás 9 e media da noite, pero a festa inda se estendeu ben...)

saúdos xerais!
Comentario por ruben (28-04-2008 15:38)
20 Anda, o Ru, perdido polas terras de Catoira! seica à vosa tamén lle chegou,aínda que vos faltaron ba#blgtk08#iladores, nonsí?...xa verás as fotiños de Aldán, xeitosas que ficaron.
Bicos, ós Bueus...
Comentario por Aniña de Marín (28-04-2008 15:43)
21 En relación ó comentario 17, teño que dicir que Cantigas e Agarimos, Rosalía de Castro, Xiradela, Xacarandaina, e outros que seguro que se me olvida mencionar, partic#blgtk08#ipan nestos concursos e son tan potentes e están ó mesmo nivel que Donaire e Os Muíños e non por iso arman estas grescas polos premios nin polas decisións do xurado.
Comentario por (28-04-2008 16:18)
22 E as de Muiños non falan desta v#blgtk08#olta ou?
Hahahaha
Comentario por Espiderman (28-04-2008 18:11)
23 Tras algúns comentarios fora de ton doutras ocasións é normal que moitos protagonistas prefiran simplemente seguir os comentarios e non participar.

A min dende logo eses malos rollos entre gr#blgtk08#upos quitanme as gañas de poñer ese foro que moitos piden, prefiro unir e non separar.

Un saúdo Rubén, non tivemos sorte en coincidir, moitas convocatorias festeiras houbo esta fin de semana.
Comentario por Henrique (28-04-2008 18:59)
24 Hola a todos.
Unha vez máis interveño para falar por min mesma, e non por boca de ninguén máis.

Dáme lástima ver en que se está a convertir todo isto. Sempre me doeu ver a cantidade de hipocresía que rodea ó mundo da música e o baile tradicional. Como ben di Henrique, "algúns comentarios fora de ton doutras ocasións" inflúen á hora de escribir neste blog.

Non vou entrar a valorar o comportamento de ningún colectivo, non penso opinar sobre o que non vin, pero si é certo que a rivalidade deixou de ser sana dende hai moito tempo.

Recordo que hai algúns anos participaba neste tipo de certames un grupo chamado "Algareiras". A min sempre me pareceron as mellores con diferencia, de feito era todo un fito superar a súa actuación enriba dun escenario.
Sempre as admirei, intentaba sempre que podía ver as súas actuacións, quixen coñecelas. Cada vez que ensaiaba pensaba en que quería que a xente que nos escoitara cantar sentira o mesmo que eu cando as escoitaba a elas. É por iso que me deu unha lástima tremenda cando me enterei de que o grupo se desintegrara porque pensei que o mundo da música tradicional perdera un un referente, e tamén eu.

Pero así vai pasando o tempo comprobo que ese tipo de admiración desaparece. De repente todos somos rivais irreconciliable#blgtk08#s, non soportamos o éxito dos demáis, estorbámonos os uns ós outros, alegrámonos dos erros dos demáis. Sinceiramente, é algo que me parece MOI TRISTE!
Xa non se mira ós demáis con respeto, senón con recelo. E non somos capaces de mirar para arriba sen pensar que "oxalá non se presenten fulanitos, non sexa que o leven todo".
A min nunca se me pasará pola cabeza desexar que non vaia Donaire a un concurso, ou Lilaina, a quen botei en falta esta tempada. É máis, a nivel persoal é algo que me motiva, porque saber que haberá calidade nun concurso sempre me animou a superarme.

Non pido que todo o mundo pense coma min, pero dende aquí pediría a todos aqueles que disfrutades da nosa cultura que nunca fagades caso de quen fomenta este tipo de rivalidades, que todos gañamos moito máis das colaboracións que das confrontancións.
Non se supón que todos nosmetemos nesto por "amor ó arte"? Entón por que algo que noutras culturas une a tanta xente a nós nos separa deste xeito?

Non estaría de máis que todos os que aquí escribimos reflexionásemos sobre isto, e non nos escudasemos no anonimato para dicir cousas ou facer afirmacións que nunca nos atreveriamos a facer en público, posto que isto nunca nos fará posuidores da verdade.

Defendamos a cultura e non as individualidades.
Comentario por Nuria (28-04-2008 20:27)
25 Ogallá fose así.

Un bico Nuría, que hai tempo qu#blgtk08#e non falamos, e seguide así que é unha marabilla escoitarvos.
Comentario por Henrique (28-04-2008 21:00)
26 Nuria... Gústame moito o voso traballo e estou totalmente dacordo co que estás a dicir. Vouche facer unha pregunta e espero que non che pareza mal: que lle paso#blgtk08#u a túa irmá?
perdeu moito enriba do escenario; onte sorprendinme moito ao ver que se equivocaba tanto xa que sempre foi unha das máis potentes. Un saúdo
Comentario por Marcos (28-04-2008 21:03)
27 A irmá de Nuria quen é? a moreniña? é a que se equivocou onte, non? a verdade foi unha pena#blgtk08#, as pezas son do melloriño e cantades super ben, pero estou totalmente dacordo con Marcos.
Comentario por Tania (28-04-2008 21:09)
28 Pois Nuria, ti non és a máis indicada para falar do que falas, despois de todo o que#blgtk08# dixeches aquí despois de xiradela, sinceramente e sen ánimo de ofender a ninguén...
Comentario por (28-04-2008 21:12)
29 Perdoa pero creo que Nuria non dixo nada que puidera ofender a ninguén despois do concurso de Xir#blgtk08#adela así q non comecemos a buscar cousas onde non as hai.Por certo, a ver se firmas co teu nome
Comentario por Marcos (28-04-2008 21:14)
30 Que pesadiñoooooo#blgtk08#ooooooooooooooooo
Comentario por Marcos (28-04-2008 21:18)
31 se en lugares de montar follón, intentaramos todos los grupos unirnos como unha gran familia, mellor nos iría.

É moi triste que nun mundo que lembra cousas como as festas dos nosos avó#blgtk08#s, andemos con estas parvadas.

Esperemos que isto remate algún día, e desaaparezan estes malos rollos sen sentido.

Un saúdo a todos os que traballan polo folclore galego
Comentario por (28-04-2008 22:15)
32 Para "anónimo" (outro máis que se esconde):

En ningún momento insultei, descalifiquei ou faltei o respeto a ninguén.
Sigo mantendo firmemente todo o que dixen anteriormente, incluíndo tamén os comentarios na entrada do concurso de Xiradela.
Penso que nada do que dixen anteriormente é incompatible co que dixen hoxe. Todo é o mesmo.
Parece que hai xente que disfruta cizañando e iso é algo que sempre me molestou.
Dende logo, do que non se me pode tachar a min é de hip#blgtk08#ócrita, o que ves é o que hai; son ben clara.

E se son a máis indicada ou non para falar do que falo, pois mira, valora ti se despois de 10 anos presentándome a concursos de baile e música tradicional teño vagaxe suficiente para facer as afirmacións que fago.

Espero non ter que volver intervir para defenderme de ataques inxustificados.

Henrique, volvo facerche a mesma petición: poderías eliminar os comentarios duplicados?
Gracias.

Un saúdo.
Comentario por Nuria (28-04-2008 23:19)
33 perdoade, mais non entendo nada. Cada vez que Donaire #blgtk08#gaña algo, todo son críticas. ¿Non será que o fan ben?
Comentario por anonimo (29-04-2008 00:12)
34 quen criticou a donaire? estase dicindo que f#blgtk08#oi unha mágoa que os muiños non o fixeran ben
Comentario por Pili (29-04-2008 00:57)
35 Vexo que hai alguén con ánimo de meterse con muíños no nome ben labrado de Espiderman. O Espiderman de verdade nunca se metería con ninguén que se chame muíños, que nos muíños sempre houbo moitas arañas... e aínda por riba este Espiderman de verdade, que non é o que falou antes, que son tamén das Rías Baixas como os muíños, pero o que non son é tonto para meterme con ninguén, por iso ánimo a todas as pandeireteiras do mundo que viñestes ao mundo pa#blgtk08# algo e non para pelexar, que por certo parece que cada vez os comentarios van a mellor. Moita forza e un bico enorme a todas. Espiderman.
P.d.- a partir de agora referireime a min mesmo com Espiderman de verdade, ata que me volvan plaxiar o nome. Que hai xente que ten un can por ter alguén en quen mandar, e outra que colle os nomes dos demais porque non sabe nin como chamarse. bicos con lingua pa todos e todas ESPIDERMAAAAAAAAAAAN..........
Comentario por Espiderman (30-04-2008 11:54)
36 Non me gustou moito a rapaza que sacou o canto dos muiños este domingo en xaca; a verdade é que é unha peza preciosa. Por outra parte, creo que se chama Andrea non deu unha ao dereito e a rapaza peliroja #blgtk08#equivocouse un mundo tamén; que vos pasou? foi unha mágoa, a verdade. En canto a Donaire fixérono ben pero as pezas eran demasiado sinxelas para o meu gusto, pero a actuación foi correcta. Saúdos
Comentario por Sariña (30-04-2008 14:40)
37 Supoño que ninguén é perfecto e tamén aí reside o bo das persoas, que nalgún intre cando semella que o mellor grupo vai arrasar sempre pode haber un despiste ou un erro, e ao contrario, un grupo de supostamente menor nivel un día saelle todo perfecto e ten #blgtk08#ese grande día cando ninguén o esperaba.

Ánimo a tod@s, e a seguir disfrutando por riba de todo, que un concurso non pode deixar de ser un motivo de superación propio, pero nunca de enfrentamento, nin dentro do propio grupo nin tampouco fora.
Comentario por Henrique (30-04-2008 14:59)
38 parádevos a pensar....por que a polémica sempre ocorre nos concursos de pandereteiras? ese mesmo día tamén houbo concurso de gaita e non se formou polémica ningunha,a pesar de que moita xente#blgtk08# puidera estar de acordo ou non cos resultados.
Sempre pasa o mesmo nestos concursos..na miña opinión hai demasiadas envidias...que cada un faga o seu e deixe de criticar ós demáis...
Comentario por Que pasa? (05-05-2008 11:37)
39 É a primeira vez que entro neste foro, porque non paro de escoitar comentarios como: sabes a polémica que hai en malmequer...aqui todo mundo comeza dicindo o mesmo;non quero ofende#blgtk08#r a ninguén, pero despois solta cada perla que mellor que quedase caladiño...o que demostrades con isto e que hai moito envidioso polo mundo, e doulle toda a razón o comentario 38.
Comentario por ... (05-05-2008 12:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer