Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

'Retranca' recibiu o premio de Mellor Revista do Estado
'Retranca' recibiu o premio de Mellor Revista do Estado no Saló del Cómic de Barcelona.

O seu director, o debuxante e guionista Kiko da Silva, reflexiona sobre o proxecto.

Que significa recibir este premio, especialmente tendo en conta a curta traxectoria da revista?

Debémosllo ao público. Era ademais un premio que non agardabamos, de feito estabamos ceando fóra do recinto cando se deron a coñecer os premiados e tivemos que saír correndo para recollelo. Supón unha alegría para nós porque quere dicir que os nosos lectores se acordaron de nós. E fixérono moitos. A organización estaba sorprendida porque non adoita haber moita diferenza entre unha publicación e outra en termos de votacións e con Retranca, sendo unha revista galega que só a coñecen aquí, arrasou. É bonito que un proxecto que nace dende a humildade vaia crecendo e que a xente lle gusta. Todo isto lévanos a poder ter debuxantes galegos cobrando o seu traballo e publicando en galego.

Ve este premio como a consolidación do proxecto ou, polo menos, un paso en firme?

Dá ganas de seguir loitando para que isto se consolide, iso si. Realmente a consolidación da revista perténcelles aos lectores.

A parte do número 6 que xa está na rúa, teñen previstas máis actividades?

Está en marcha a exposición itinerante de Retranca, que xa estivo en Ourense e agora exhíbese en Redondela. A nosa intención é amosar todo o que facemos en lugares onde habitualmente non chegan proxectos expositivos. En paralelo, comezamos a facer pequenas curtametraxes na internet para que o humor galego tamén se expanda pola rede. A iniciativa consiste en animar os deseños da revista. Andamos ademais a darlle voltas á idea de converter en camisetas algunhas das viñetas publicadas. En Barcelona barallouse a posibilidade de facer un premio Retranqueiro, para a mellor e peor iniciativa. Espero que de aquí ao verán xa estea todo encarreirado. Pero o que temos sobre todo, é moitas ganas de dar guerra. Xa neste número estamos moi guerreiros co tema das series de televisión pero o que vén vai chamar moito a atención. Será un especial debate da lingua.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer