Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega
O próximo domingo 27 de abril celébrase en Melide, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Asociación Castelo de Melide, o III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega.

Será a partir das 11h da mañá no centro multiusos desta localidade e a entrada é totalmente gratuíta.

Ao longo da mañá abordaranse temas fundamentais e problemáticos, tanto para artesáns como para intérpretes, que xiran en torno á elección da palleta, empalletado, afinación da gaita, conservación das palletas... e todo se fará baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a que teñen os participantes neste seminario: Amado Domingo “Cubero” e Sito Carracedo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, con este seminario, quere facer especial fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Durante todo o día poderase asistir ás diferentes actividades que a Asociación Castelo de Melide ten programadas na IV Foliada de Melide.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-04-2008 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer