Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lamatumbá estrea novo disco coa mesma vocación verbeneira
A banda homenaxea con «Paraugas universal» a Xan da Coba, inventor do trampitán

Son nove e, a pesar diso, andan todos ao mesmo. Lamatumbá acaba de editar o seu «segundo disco en serio», Paraugas universal (Pai-Música, con produción de Segundo Grandío) e coa intención de divertirse e divertir.

Este novo disco da formación que por maioría é ourensá supón, segundo Anxo, o seu clarinetista, unha continuidade e algunhas novidades. A continuidade é no espírito da música e das intencións: «Facemos pachanga e imos incorporando algunhas cousas, pero a intención é sempre a mesma».

Anxo asegura que, con respecto ao anterior disco, Lume, hai un cambio de tempo fundamental: «O anterior supuña o resumo de case sete anos de banda. Este novo correspóndese moito máis co que o grupo quere facer agora».
Entre as novidades, a incorporación dunha segunda guitarra eléctrica á banda, o que, segundo algúns dos seus membros, supón un son un pouco máis rock. No entanto, hai unanimidade ao entender que os cambios de son non afectan á capacidade de facer festa dun conxunto que, segundo as etiquetas, fai fusión con ska e reggae . Os cambios, como neste caso, tampouco están pensados a priori. Pedro, o baixo, divírtese explicando: «Xeralmente non adoitamos pensar, así que para os cambios tampouco». Anxo explica, máis en serio, que non se trata de decidir se queren «ir cara a un lado ou outro». «Aparece alguén que funciona ben no grupo e incorporámolo, toque o que toque». O grupo vese capaz de incorporar a un pianista clásico e seguir facendo pachanga.

Hai outra novidade con respecto a Lume. Naquel disco as pezas chegaron ao estudo despois de moitas verbenas. Neste Paraugas universal as pezas chegan primeiro ao disco que ao vivo. O grupo considera que son unha banda de directo que aprendeu «a manexarse no estudo». Por máis que a súa gana de directo tira á hora de ir facendo as cancións, Pedro asegura que cando gravan teñen en conta que é un disco «e que o directo non ten por que soar igual, o disco ten que funcionar por si mesmo».

Unha banda ourensá
Pero o hábitat natural do grupo con base en Ourense é a festa. Segundo o seu baixista, non se trata tanto de saber se é mellor tocar en verbenas ou en auditorios como de ter a actitude da festa «en calquera lado; o hábitat de Lamatumbá é a súa actitude».

Anxo apunta que, aínda que poida parecer outra cousa, «entrar nas verbenas é moi, moi complicado», e sinala que a alternativa que funciona mellor para eles son os festivais.
Na súa defensa, os integrantes da banda sinalan que «de cando en vez poderían probar algún outro tipo de verbena que non estivese protagonizada polas orquestras; sería máis barato e máis divertido».

Paraugas universal leva no título unha referencia a Xan da Coba, personaxe dos primeiros do século XX que elaborou un idioma propio, o trampitán, escribía comedias e inventou un paraugas que, chantado no Polo Norte, serviría para evitar as molestias que causa a chuvia no planeta.

Lamatumbá, segundo o seu saxo, Iván, reivindica ese personaxe capaz de «propoñer todas esas cousas nun Ourense moito máis pequeno e antigo».

www.lavozdegalicia.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer