Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Encontro interxeracional do concello de Valga
Co motivo do I Festival Interxeracional quixemos rememorar unha das tradicións que pervivira ata fai poucos anos no concello de Valga: O Proceso de Elaboración do Pan.

En colaboración cos Colexios de primaria e a Asociación Axentiva lembramos a sementeira, colleita, malla, moenda, amasado e degustación dos produtos resultantes na Candieira.

Presentouse unha memoria o proxecto Ronsel, que é unha inciativa da Consellería de Cultura e Deportes, a Consellería de Innovación e Industria, AGADER, e as tres universidades galegas, coordinada desde a Universidade de Vigo, para a recuperación, posta en valor e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial galego.

Os coordinadores do proxecto consideraron que a nosa iniciativa cadraba a perfección nos obxetivos do proxecto polo que están dispostos a prestarnos o apoio e asesoramento que precisemos para volver a recuperar esta tradición.



Levarase a cabo todo o proceso de elaboración do pan: SEMENTEIRA, COLLEITA, MALLA, VERUTO, MOENDA, AMASADO, ROMERÍA NA CANDIEIRA e EXPOSICIÓN.

Tentaran reflexar fielmente a realidade, para iso contan con membros da asociación Axentiva (os nosos maiores) que son os que viviron toda esta tradición e están moi ilusionados con poder aportar o seu coñecemento para esta experiencia.

Todos os participantes irán ataviados con roupas da época e usaranse os apeiros de labranza antigos.
As pandereteiras intervirán en cada actividade.
Na sementeira usaran arado de pau e vacas.
Dividiran a leira en dúas partes. Nun lado sementarán os maiores e noutro os nen@s cos seus mestres.
As pandereteiras situaranse na entrada da leira.



Para a colleita usaranse fouciños e carro de vacas para levar a palla ata o colexio “Xesús Ferro Couselo”. Alí deixarase uns días para despois levar a cabo a malla que se fará cos manles, en grupos de cinco persoas. Según se remate a malla, irase facendo o palleiro e separando os grans do trigo que quedarán a secar uns días. Verutarase nas peneiras e levarémolo ó muíño de auga. Unha vez traída a fariña voltarase verutar. Nos colexios, maiores e pequenos amasarán, e faranse bólas pequenas de pan que cada neno levará para a súa casa.

Como remate final faremos unha romería na Candieira (toxeira rodeada de piñeiros). Faranse empanadas, rapotes, biscoitos e roscas co trigo sementado. Cantarase e bailarase ó son das nosas pandereteiras.

Remataremos cunha exposición final no Auditorio de Cordeiro, onde con medios audiovisuais e fotográficos faremos un percorrido por todo o proceso ó mesmo tempo que mostraremos os apeiros utilizados.

Durante todo o proceso, utilizaranse os seguintes materiais:

o Apeiros de labranza: arado de pau, legoñas, angazos, cestos, carro, verutos, peneiras…
o Vacas
o Semente do trigo, abono.
o Vestimenta…

A sementeira terá lugar o mércores, 30 de abril ás 11:00 a.m. na finca “O Pradiño” situada no lugar de Loncras, Ferreirós – Cordeiro (Valga).

www.webs.uvigo.es/ronsel
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2008 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer