Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Los Satélites, 70 anos 'de lenda'
Los Satélites naceron en 1939 na Coruña, e en 2009 celebrarán o seu 70 aniversario cun novo disco e un documental.

"Satélites, unha orquestra de lenda", realizado por Paco Lodeiro, percorre estas sete décadas de historia dunha das orquestras máis importantes da historia de Galiza (con permiso de Los Tamara). Precisamente será Tito Sedes, vocalista de Los Satélites entre 1970 e 1982 e de Los Tamara nos anos seguintes, despois da retirada de Pucho Boedo, quen acompañe a Lodeiro na presentación do filme, este xoves en Carballo, dentro da programación de Cinemas Dixitais, da Axencia Audiovisual Galega.

Ao finalizar a Guerra Civil, Manuel Otero Mariñas, un dos mellores saxofonistas de Galiza, e Jaime Camino, cantante, actor e produtor de cinema, formaron a orquestra cun conxunto de músicos procedentes na súa meirande parte de bandas militares. Los Satélites foron consolidándose nas décadas dos corenta e dos cincuenta como unha das mellores agrupacións do país, realizando numerosas xiras polo norte de España, por Europa, e mesmo por América, converténdose na primeira orquestra do Estado que viaxaba ao continente. En 1955 actuaron durante catro meses en Venezuela, coa voz do gran Pucho Boedo, chegando a ofrecer recitais en dúas canles de televisión.

A orquestra participou tamén en festivais de música e programas de televisión, por exemplo no Festival del Eo, en Vegadeo (onde acompañaron a Massiel), ou no Festival do Miño, onde foi a agrupación titular entr 1967 e 1970. Tamén participaron no programa de TVE Aplauso, ao longo de 1980. Ten recibido diversos premios á mellor orquestra, ou á orquestra máis solicitada do Estado, e en 1977 obtiveron un disco de ouro. Los Satélites permanecen en activo, e por exemplo en 1999 participaron na gravación do álbum Capetón, dos Diplomáticos de Montealto, e na actualidade a serie Libro de Familia emprega como cabeceira unha canción da orquestra.

Los Satélites contan cunha lexión de seguidores, encabezados polo propio Paco Lodeiro, que ten dito algunha vez que "A min gustaríame ser Sito Sedes, vogalista de Los Satélites. Cando eu era rapaz e comezaba a ir ás verbenas, Sito collía o micro e, con aquela delicadeza, cantaba aquilo de Que soledá, que inmensa soledá invade el alma mía"

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-03-2008 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer