Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá de hoxe martes
Hoxe, martes, día 11/03/2008

Hoxe o programa Alalá visita a República Independente de Xistralia; non fai falla que busquen no mapa porque é un país imaxinario, pero a súa base está no barrio de Coruxo, en Vigo. De aquí son, residen ou se achegaron os membros de Xistra de Coruxo que pouco despois de formalo grupo, argallaron unha asociación, a de "Gaiteiros de Xistra". Tanto deu de si este traballo que están de aniversario e xa van alá vinte anos.

Nestas dúas décadas pasaron moitos "Xistraleiros" pero todos invadidos por unha filosofía en común, a súa forma de tocar é galega e miñota, e isto quere dicir que recuperan a cultura de cando Galicia e Portugal eran algo máis que irmáns, "eramos unha única cultura".

A maioría dos seus compoñentes non se dedica profesionalmente á música e ademais de tocar por amor á arte, a asociación folclórica "Gaiteiros da Xistra" ten outros proxectos relacionados coa música como son os concertos didácticos para nenos.

O seu proxecto é amplísimo: imparten clases de ensino musical popular galego en distintas asociacións do sur da provincia de Pontevedra; as súas viaxes por Europa son frecuentes e participaron na gravación dun CD sobre música mariñeira. A Suecia alemá é a súa segunda casa, acoden case anualmente para participar no maior encontro sobre as gaitas europeas. Pouco mais se pode pedir pero os de Xistra sempre teñen a capacidade de sorprender.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-03-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer