Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Circuito Cultural 4x4
A SEGUNDA EDICIÓN VOLVE APOSTAR POLA MÚSICA GALEGA DE CALIDADE

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural pon en marcha por segundo ano consecutivo o Circuito Cultura Vai 4x4, unha proposta de ciclos temáticos de música galega que a Consellaría ofrece aos concellos. Dezaseis grupos participan nesta programación divididos por estilos: Jazz, Canción de Autor, Tradisóns (música tradicional e folk) e Con-Fusións (tendencias actuais e vangarda).


O Circuito Cultura Vai 4x4 consta de catro ciclos con catro agrupacións musicais cada un, que os concellos poderán escoller para programar nas súas salas, teatros ou auditorios. A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural achega o 50% do custe de cada ciclo, mentres que cada concello ten que poñer o 50% restante. A Consellaría abre a posibilidade de que dous concellos próximos programen ciclos conxuntos.

Os concellos poden solicitar a súa participación desde o 1 ata o 20 de marzo. As actuacións desenvolveranse nos meses de abril, maio e xuño, e programaranse un máximo de 40 ciclos. O obxectivo é que o público de toda Galiza poida gozar de propostas artísticas de calidade contrastada e de gran diversidade estilística.

O Circuito Cultura Vai 4x4 aposta por axudar á valoración social do traballo artístico e pola profesionalización do sector musical galego. Para acadar estes obxectivos os concertos programaranse en formato ciclo, fóra da época de verán e en teatros, auditorios e recintos pechados, nos que se cobrará entrada.

Os catro ciclos que os concellos poden escoller para programar son os seguintes:

Canción de autor
Carmen Dor
Silvia Penide
Rosa Cedrón
Narf


Con-Fusións (tendencias actuais e vangarda)
Mercedes Peón
ISGA Collective
Leo Gianetto's Jazz Project
Víctor Aneiros Band


Tradisóns (música tradicional e folk)
Fía na Roca
Faltriqueira
Treixadura Gaiteiros + Orfeón Treixadura
Quempallou


Jazz
Terela Gradín e Manuel Gutiérrez
Xacobe Martínez Antelo Quinteto
Abe Rábade Trío
Alberto Conde Trío


www.culturaedeporte.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2008 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0