Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista Con Xúa! |
|
Distintas orixes musicais e xeográficas coincidiron en Galiza para formar o grupo Xúa (lume en barallete). Unha formación nova, no que se refire ao seu tempo de vida, pero que está composta por músicos con dilatadas e importantes traxectorias artísticas
Nuria de León (voz, frautas e arpa), Vadzim Yukhnévich (acordeón e voz), Ramón Feáns (bouzouki e guitarras acústica e eléctrica), Pablo Pérez (baixo, contrabaixo e teclados) e Xacobe Gallego (batería) dan vida e alma a esta nova proposta musical.
Estes compoñentes de Xúa son músicos ben ?rodados?, tras participar en distintos proxectos como os de Anubía, Paloma Suanzes, Ophiusa, Brath, Fia na Roca ou Driade.
¿Hai algún grupo, ou grupos, que consideredes como os vosos referentes?
Cando comezas nisto da música tendes inevitablemente a fixarte nun grupo ou dous en concreto, pola simple razón de que é a música que che gustaría facer, a que te move e te remove por dentro. É curioso porque, co paso do tempo e cando te involucras máis na historia, o que buscas é todo o contrario: non parecerte a ninguén e facer algo completamente novo. Despois daste de conta de que conseguir iso é practicamente imposible e ao que aspiras é a lograr un son identificable que, tendo influencias de aquí e de alá, soe a ti mesmo, a Xúa no noso caso. Que o público identifique o teu propio proxecto.
A idea de xuntarvos e formar este novo grupo ¿cando e de que xeito naceu?
Nós eramos a banda de directo de Anubía. Cando ese grupo se desfixo quedou un repertorio moi interesante sin gravar e nós decidimos facelo, aí comenzou todo.
Como nome para o grupo, ¿que vos fixo decidirvos por unha palabra do barallete?
Foi cousa de Nuria , a nosa cantante e arpa. Atopou un libro, unha especie de diccionario barallete-galego/galego-barallete do século XIX, e a partir de aí unha cousa levou a outra. O nome de Xúa gustounos porque se traduce como Lume. É un nome moi sonoro e resume un pouco a paixón ou o Lume que debería existir en calquera proceso creativo, como un disco por exemplo.
Ao panorama do folk galego ¿que pretendedes achegar?
Simplemente enriquecer, na medida do posible, a proposta musical do noso país, cun discurso musical directo e de calidade. Para comezar pensamos que xa é bastante. Cremos na recompensa do traballo ben feito e non no éxito rápido.
Á hora de traballar o voso repertorio non vos dan medo as fusións de estilos nin as mestizaxes ¿non?
O feito de que nas filas de Xúa milite Vadim, o noso acordeonista que é de Bielorusia, fainos afrontar ese tipo de cuestións con total naturalidade. De feito, no noso repertorio hai temas deste país, así como do cancioneiro tradicional sefardí. Mesmo un tema dos nosos ?bises? en directo esta cantado en francés. Nese senso non rexeitamos nada sempre e cando, claro, sexa sin forzar. Non somos un grupo netamente de fusión, xa que a presenza da tradición musical galega é moi forte, pero somos un grupo aberto de mente.
A literatura ten tamén un importante peso nesta estrea discográfica ¿non?
Si, pasa un pouco como na anterior pregunta. No disco hai temas que teñen letra de escritores non galegos (como o uruguaio Eduardo Galeano ou Federico García Lorca) pero, naturalmente, non foron escollidos ao chou. Son letras que nos gustaron e polas que, nalgún caso, tivemos que pelexar bastante para poder incluílas no disco; máis que nada por asuntos burocráticos, pero é de todo premeditado. No caso do poema de Eduardo Galeano, pareceunos moi interesante o seu Pregón da lanterna máxica. É unha visión moi lúcida do mundo no que vivimos.
Contar cunha voz como a de Nuria é un luxo que aproveitades moi ben ¿non?
Tivemos claro desde o principio que este disco tiña que ser cantado. Aínda que hai un tema instrumental, a predominancia da voz é total. Se por riba, a voz é a de Nuria, ¡perfecto!
Faládenos das colaboracións doutros músicos que tamén aparecen neste primeiro disco de Xúa!
Tivemos a Maruxa Zaera tocando as pandeiretas, a Carlos Gómez coa percusión e a Paulo Gacio co saxo soprano e a frauta travesa. A verdade é que en todo momento se mostraron receptivos e houbo un clima de traballo excepcional. Só temos palabras de agradecemento para todos eles.
Da produción artística do disco preferistes encargarvos vós mesmos, en concreto Pablo Pérez. Ese traballo ¿pensades que é mellor facelo un mesmo?
Pablo foi quen artellou a maioría dos temas do disco. Foi un traballo de case un ano de ensaios e de darlle voltas aos temas unha e outra vez, así que tiñamos bastante claro como tiña que ser o resultado final. Iso permitíunos ter un control absoluto sobre o resultado final. E a verdade é que a discográfica non se meteu no plano artistico para nada.
O voso disco está publicado polo selo discográfico Sons Galiza. ¿Que tal vos trataron e vos tratan? ¿Estades contentos?
En xeral si. Como diciamos, deixáronnos plena liberdade no eido artístico. Se tiveramos que poñer un ?pero? ese sería sen dúbida o da distribución, que consideramos moi importante nun grupo como o noso, que acaba de gravar seu primer disco e necesitamos que se nos coñeza. Nese senso deberían mellorar un pouco a súa cobertura.
De concertos ¿que tal andan as cousas?
Comenzamos o verán pasado cos circuítos Vai de Camiño, despois metímonos de cheo na gravación do disco, e agora faremos os concertos de presentación. De principio, a mediados do mes de marzo estaremos na FNAC da Coruña.
Unha vez publicado este primeiro traballo discográfico, as aspiracións ou obxectivos de futuro de Xúa! ¿cales son?
En principio tocar e presentarlle o grupo á xente, ese é o obxectivo máis próximo. Depois darlle continuidade ao proxecto e gravar un segundo disco, un terceiro... e ¿quen sabe? ¿vivir disto?
Iso significa que, na actualidade, os compoñentes de Xúa! compaxinades a vosa actividade con outras ocupacións, fóra do estritamente musical ¿non?
Por forza. A música neste país, polo de agora, non se pode considerar como un medio de vida; aínda que é unha profesión máis sacrificada do que a xente pensa. Menos mal que despois, nas actuacións, vese todo recompensado.
Daquela, o obxectivo da profesionalización ¿como queda de lonxe?
Pasaría por que houbera un bo sustrato a nivel cultural, con circuítos musicais estables e equitativos. Hai unha grande oferta de formacións, pero moitas delas terminan por disolverse por que non tocan. Galicia é un rincón do mundo no que desde marzo ata outubro, non deixa de programarse música en directo. É incrible que propostas musicais interesantes non teñan cabida neste tipo de eventos, mentres si a ten o artista estranxeiro de quenda. Pensamos que, organizándoo ben, habería sitio para todos.
Máis información en: www.myspace.com/xuamusica
www.elcorreogallego.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|