Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alberte Sanmartín lega 400 vellas pezas de gaita
Un vasco con alma galega

Galicia conta desde fai poucos días cun novo libro recompilatorio de pezas de gaita que sumar aos xa históricos dous cancioneros elaborados por Casto Sampedro e Bal e Gai, coa diferenza de que o novo recolle tamén todas as partituras, escritas en re e do, en arquivos de audio en formato MP3.


Outro dato curioso é que Alberte Sanmartín Montaña, o autor de O pentafol, que así se chama este valioso libro cos pentagramas de máis de 400 pezas antigas para gaita, é un vasco con alma de galego, un bilbaíno fillo de emigrantes oriúndos de Becerreá e Cesuras.

Desde que aos sete anos empezou a bailar no grupo de danzas do Centro Galego de Barakaldo, Alberte non deixou de sentirse atraído pola gaita, iniciándose no instrumento de forma un tanto autodidacta. Iso non foi óbice para que chegase a ser un reputado instrumentista -finalista en varias edicións do concurso Constantino Bellón de Ferrol e gañador dos premios Vacaloura e Gaiteiro de Soutelo-, profesor de gaita e colaborador con artistas da talla de Kepa Junkera ou o grupo Oskorri.

«O pentafol -di Alberte- vén un pouco de atrás, de cando eu empecei con eses gaiteiros antigos que tocaban un repertorio de pezas tradicionais de grupos moi significativos de aquí, como eran Os Garceiras de Melide». O gaiteiro e profesor decatouse de que ese repertorio antigo estábase perdendo. «Ao ser o único núcleo activo que quedaba alí -recorda- e vendo que á xente gústanlle esas pezas tan enxebres, púxenme a escribir todos os temas que me parecen belos, enxebres e gardan toda esa tradición».

Sanmartín valeuse dos amigos que ten en Galicia e dos cancioneros existentes para o seu labor recompilatorio, escribindo mediante programas informáticos as partituras para logo, valéndose da mastergaita, gravar todos os arquivos en MP3. Así se bosquexou O pentafol, libro cunha encadernación de calidade cuxas 640 páxinas conteñen 418 partituras, 25 letras de cantigas e 28 imaxes de gaiteiros.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0