Agora máis ca nunca, o 9 de marzo non pases de todo.
Para todos os que esteades fora ou non poidades estar a votar no día das eleccións.
Que hai que facer para votar por correo nas eleccións xerais do 9 de Marzo?
PROCEDEMENTO
AUSENTES
O elector pode formular a solicitude do voto por correo até o día 28 de febreiro.
A solicitude formularase persoalmente en calquera oficina de Correos de España, presentando o DOI, pasaporte ou permiso de conducir (os orixinais, non serve fotocopia destes documentos), até o día 28 de febreiro de 2008.
No caso de enfermidade ou incapacidade, cuxa existencia deberá acreditarse por medio de certificado médico oficial, a solicitude poderá ser efectuada por outra persoa autorizada notarial ou consularmente e sen que esta poida representar máis dun elector. A solicitude irá acompañada, neste caso, do certificado médico e da autorización sinalados.
O empregado de Correos que admita a solicitude estampará o carimbo de datas e a hora e minuto da admisión, tanto na cabeceira do documento como no resgardo xustificativo da admisión do envío certificado. O propio interesado pechará o sobre, que, ao ser gratuíto, non necesita franqueo.
Remisión do voto polos electores: até o día 5 de marzo.
Tras recibir a documentación no seu domicilio, o elector presentará o sobre modelo oficial, contendo co certificado de inscrición no Censo Electoral e o/s de votación no que se incluirá a/s papeleta/s, en calquera oficina de Correos, até o día 5 de marzo de 2008. O envío será cursado como correo certificado e urxente con carácter gratuíto.
TODO O PROCESO É GRATUITO.
RESIDENTES AUSENTES INSCRITOS NO CERA.
1. Os Consulados e Embaixadas expoñen as listas electorais vixentes no mesmo período que rexe para a exposición das listas do censo electoral en Galiza (do 22 de Xaneiro ao 28 de Febreiro).
Durante os días seguintes, poden presentarse reclamacións ante as Delegacións Provinciais da OCE ou Consulado, sobre a inclusión ou exclusión no censo, ou instar modificacións de algúns dados persoais, debendo realizarse pola persoa interesada. As reclamacións resólvense no prazo de tres días, notificándoche a resolución e publicando as rectificacións o día 3 de Marzo.
2. Até o 16 de Febreiro as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral envían de oficio a documentación para exercer o voto aos/ ás residentes ausentes.
3. Todos os e as residentes ausentes poden exercer o seu dereito ao voto persoalmente a través das Oficinas Consulares até o 2 de Marzo que despois tramitará o Ministerio de Asuntos Exteriores ou poden remitir o seu voto por correo certificado ata o 8 de Marzo ás Xuntas Electorais Provincias.
VIDEO DO BNG (ELECCIÓNS XERAIS 2008)
Eí vai o video do BNG rodado estes días en Pontevedra, podedes atopar nel a xente coñecida do mundiño festeiro.