Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Encontro de Zanfona contemporánea |
|
IV ENCONTRO DE ZANFONA CONTEMPORÁNEA
Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista. O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana, será o 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.
Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento ?tradicional? e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas. O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo. Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.
Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.
Inclúese o espectáculo ?Projecto Miño? presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.
O encontro complétase cun curso práctico intensivo de Valentin Clastrier no Mosteiro de Baltar (Narón) onde ensinará seu método para a técnica interpretativa da zanfona. Ademais das horas lectivas, será una magnífica ocasión para o intercambio de ideas e convivencia dos asistentes.
O sábado á noite no propio mosteiro organizarase un palco aberto a zanfonistas ?solistas ou en formación con outros instrumentos- e jam session onde calquera instrumento será benvido. En fin, o mellor Encontro ate agora que pon a Ferrol e Narón no mapa da Europa zanfoneira cunha edición memorable.
Está organizado por la Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia, e promovido polos Padroados de Cultura dos concellos de Narón e Ferrol.
Mais información
HORARIOS:
- VERNES, 29 FEBREIRO. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30h
BALDO MARTÍNEZ GRAND ENSEMBLE. Concerto Projecto Miño.
Invitado: Valentin Clastrier
- SABADO, 1 MARZO. Mosteiro de Baltar. Narón
Curso con Valentin Clastrier. 10 - 19.30 h
Palco aberto para músicos / Jam session. 21.30h
- DOMINGO, 2 MARZO. Mosteiro de Baltar. Narón
Curso Valentin Clastrier. 10 ? 14h
Concerto. Germán Díaz / Matthias Loibner. Teatro Jofre. 20.30 h.
PREZOS DE PARTICIPACIÓN:
-Curso: 70/60? (asociados ao CMTF)
-Estancia:60? (comidas/camas en réxime de albergue no Mosteiro Baltar máis transporte a concertos)
DETALLES DO ENCONTRO:
-CURSO DE PRAZAS LIMITADAS
-O curso inclúe entradas a concertos
-Estancia: dende venres 18 h ate domingo serán.
-Transporte: Bus entre o Teatro e o Mosteiro.
-Prazas para acompañantes (non atenden curso) existentes pero limitadas.
-Os músicos do palco aberto terán manutención de balde toda a fin de
semana.
-Inscrición para o palco aberto a info@folque.com
INSCRICIÓN:
correo electrónico: i.lopez@concellodenaron.com
Fax: 981 384 829
Tlf: 981391144
Para inscribirse no curso é necesario enviar un fax ou un correo electrónico cos seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Correo electrónico
- Nº de teléfono
- Xustificante de ingreso na conta: 2091-0235-59-3110000031, de Caixa Galicia
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|