Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Remata o prazo de solicitudes de postos para a Festa da Reconquista de Vigo

Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco vello de Vigo lembran a todas as Asociacions Veciñais, Colectivos de interese social, Agrupacións Folclóricas, Agrupacións Deportivas,... e artesáns tradicionais, que está a piques de rematar o prazo de solicitudes para postos na Festa da Reconquista e na que teñen preferencia sobre o resto de solicitantes.

Así que xa sabedes, se queredes participar cun posto na Festa da Reconquista da Vila de Vigo o fin de semana do 29 e 30 de marzo poñedevos en Contacto coa Asociación Veciñal e Cultural Casco vello de Vigo no 986-439799 en horario de 18:00 a 20:00 ou no correo cascovellovigo@yahoo.es.

As bases das solicitudes están dipoñibles en www.avcascovello.com
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 15-02-2008 02:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Volvo repetir. En vez de seguir facendo esta festa ano tras ano, o que debia facer o concello, e pag#blgtk08#ar dunha vez actuacións de edicions anteriores, que levan grupos sen cobrar, e xa van máis de 3 anos
Comentario por untradi (19-02-2008 13:24)
2 Coñezo parte da historia, pero creo que xa sabes que quen debe eses cartos é o chamado Plan Comunitario do Casco Vello que foi o encargado de xestionar a festa durante un par de anos e que quedou a deber facturas a diversa xente que participou contratada.

A asociación Veciñal Casco vello#blgtk08# que foi a impulsora inicial da festa e quen recuperou a organización, nunca tivo ningún problema neste aspecto.

É máis, o ano pasado o Concello tiña que devolverlle uns cartos ao plan Comunitario que este usaría para pagar esas débedas, así que a cuestión é tratalo có Plan Comunitario.
Comentario por Henrique (19-02-2008 14:13)
3 O culpable, chamese plan comunitario ou como queiramos, é o Concello el é o único culpable da falta de pagos.
Pola miña banda, en ningún ca#blgtk08#so voteille a culpa a asociación veciñal.
A culpa é do concello, que inda por riba non din máis que trapalladas, e dan largas para non pagar
Comentario por untradi (19-02-2008 16:41)
4 Terrific. Gab#blgtk08#riel Flamenca
Comentario por Gabriel Flamenca (19-04-2016 09:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0