Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música e baile galego contra a hipocresía

Disolven a paus a concentración convocada en resposta á manifestación contra o galego

Música tradicional e baile galego fronte aos críticos coas medidas adoptadas en defensa do galego.

A concentración castelanista xuntou a 50 persoas tras unha pancarta co lema "Por la libertad linguistica. No a la imposición" )...hai que ser hipocritas...

Unha ducia de axentes sacaron as porras para afastar os concentrados baixo o lema "Na Galiza en galego", reunidos fronte aos autodenominados "Mesa por la Libertad Lingüística".

O grupo que funciona baixo a denominación "Mesa por la Libertad Lingüística", convocara para a tarde deste venres no Obelisco da Coruña unha manifestación enmarcada no conxunto de actividades que este e outros colectivos veñen organizando a prol do privilexio para o castelán en todos os ámbitos sociais, especialmente no ensino.

Fronte a ese acto, de xeito espontáneo e a través dos teléfonos móbiles, foi convocada para a mesma hora unha concentración oposta, que dobrou en asistentes ao grupo anterior, en defensa do galego e á que numerosas persoas acudiron con cartaces onde podía lerse o lema "Na Galiza, en Galego".

Logo do cruce de asubíos e insultos entre os dous grupos, separados apenas por uns metros, algo máis dunha ducia de axentes policiais interviñeron no lugar, tratando de facer marchar aos manifestantes en favor do galego, argumentando que a concentración non fora nin autorizada nin solicitada. No tirapuxa, e mentres aplaudían representantes do colectivo castelanista, varios mozos recibiron golpes.

Fotos da malleira policial aos defensores do galego

Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 12-02-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Debemos protestar todos, unha soa voz en galego... unh#blgtk08#a cadea de xente da Coruña a Vigo... é o noso dereito.
Comentario por Edu (12-02-2008 13:59)
2 Resulta triste para un pobo ter que defender a pervivencia dunha lingua, así, na rúa, e saíndo a porse enfrente dos que usando a verba liberdade só queren que o castelán siga sendo predominante e non darlle ningún tipo de oportunidade ao galego.

Alguén pode crerse que co 99% das televisións en castelán, o 95% das radios en castelán, o 95% das revistas en castelán, o 99% do cine en castelán,...

pode desaparecer o castelán na Galiza?

os nenos non van saber castelán índa que como mínim#blgtk08#o teñan o 50% das clases en galego?

O que lles carcome é que o galego poida desenvolverse coma lingua en igualdade de condicións (que iso é ademais imposible) e ter que convivir cun idioma que senten como alleo, inferior e paleto... por moito que se lles encha a boca coa verba bilinguismo. Máis ben eles defenden o monobilinguismo, bilinguismo si pero eu só considero válido para mín e para os meus fillos o castelán.

Frente os reaccionarios, nin un paso atrás na defensa do galego!!!!

Comentario por Henrique (12-02-2008 14:58)
3 Protesten,yo estoy muy lejos en Argentina,pero estoy de acuerdo con ustedes "Na Galiza,en galego" #blgtk08#unha soa voz es vuestro dereito.Que no se metan con el galego,que se dediquen a gobernar el pais.
Comentario por Maria Isabel (12-02-2008 18:00)
4 Aquelas fermosas verbas reivindicativas da lingua, por Guillerme Roxo, aínda hoxe despois de medio século están vixentes: "Probe meniño que a vida vas camiñando tris#blgtk08#teiro, sabes que o mestre non quere que ti fales en galego. Meniño non teñas medo!. Non fales en lingua allea! Eses homes non son teus, nin do pobo nin da terra...
Comentario por Carmiña de Soutomaior (28-02-2008 23:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer