Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CIG segunda forza sindical na Galiza
A CIG confírmase como a segunda forza sindical na Galiza, segundo os datos da Consellaría de Traballo

A Consellaría de Traballo ven de confirmar os datos que desde a CIG xa se facían públicos, e que xa se anunciaban no pasado mes de xaneiro, que colocan á central sindical nacionalista CIG como segunda forza sindical no país.

Segundo estes datos oficiais, no proceso de eleccións sindicais que ía do 1 de xaneiro de 2004 ao 31 de decembro de 2007 a CIG obtivo un total de 5.628 delegados, superando a CCOO e ficando a 545 delegados e delegadas de UGT.

Este bo resultado electoral da CIG ven reafirmar a crecente confianza dos traballadores e traballadoras galegas no modelo sindical diferente que representa a CIG respecto do sindicalismo español, un sindicalismo galego, reivindicativo, de base, participativo e independente do poder. Confírmase tamén o incremento en cada proceso electoral da representación da CIG.

Neste proceso electoral escolléronse uns 2.000 delegados e delegadas máis, dos que a CIG obtivo a metade.

Este é o cadro definitivo que quedaría en número de delegados sindicais:

UGT 6.173
CIG 5.628
CCOO 5.588
Outros 2.306
Total 19.695

Primeira forza en Pontevedra

Atendendo a nivel provincial, a CIG é a primeira forza sindical na provincia de Pontevedra, con 2.548 delegados e delegadas.

Desde a CIG, xa se realizou unha avaliación moi positiva destes resultados nas eleccións sindicais, porque ?ademais de situarnos como 2ª forza sindical en Galiza, colócanos nunha moi boa posición para acadar nos próximos catro anos o primeiro posto, superando nese período os delegados/as que nos separan de UGT?.

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-02-2008 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0