Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Taiña 2008

O vindeiro 2 de febreiro de 2008 (22:30h) celébrase un ano máis no sábado de Antroido, na Praza da Igrexa de Goián o V FESTIVAL TAÍÑA.
Como cada ano, haberá carpa e a entrada é de balde. Pretenden seguir mellorando e ampliar o festival para consolidalo como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego.
Os grupos cos que contan este ano no festival son:

OS VERANEANTES
CUCHUFELLOS
MOTOR PERKINS
GALEGOZ


ASOCIACIÓN XUVENIL TAÍÑA

A asociación xuvenil taíña nace en novembro de 2003 en Goián (Pontevedra), da man dun grupo de rapaces e rapazas que pretendían recuperar e promocionar tradicións e costumes da zona, asi como involucrar á xente máis nova neste proxecto.

O proxecto formalizouse e a finais do ano 2004 a asociación xa contaba con 100 socios/as de entre 14 e 30 anos, e xa realizara entre outros: o primeiro festival taíña, a feira do libro co motivo do día das letras galegas e a celebración do San Xoán, sendo tódalas actividades acollidas con gran ilusión e participación por parte dos veciños do pobo que votaban en falta este tipo de iniciativas desde había anos.

Nos anos 2005 e 2006 consolídanse as actividades citadas anteriormente e formalízase tamén a realización da cabalgata de reis o día 5 de xaneiro, e o magosto, así como a representación de obras de teatro, recollida de refráns propios do Baixo Miño, xogos populares... Sempre intentando que cada vez máis rapaces/as se unisen ó noso proxecto.

FESTIVAL TAÍÑA

Que é?

É un festival musical organizado pola Asociación Xuvenil Taíña que se celebra o sábado de Antroido en Goián (Pontevedra). O festival taíña é o acto marcado como máis importante desde o comezo da actividade da asociación.

Que pretende?

É un festival musical con tres obxectivos claramente marcados:


- Ampliar un día máis as festas do Entroido de Goián, de gran arraigo no pobo e en toda a comarca. Que pasan así a comezar o sábado ( día no que se celebra o festival), e se prolongan ata o mércores de cinza. Pode interpretarse pois, como a colaboración da mocidade a estas festas do entroido que a asociación considera de grande importancia para a zona debido á súa incidencia e participación.
- Promocionar a música en directo, galega e en galego, de diversos estilos e gratuitamente nunhas datas non habituais pero si propicias para a troula.
- Potenciar este tipo de actos no Baixo Miño,dando a coñecer así a música de calidade e de distintos estilos que se está a facer en Galicia e zonas veciñas.

Durante estes catro anos o festival foi medrando tanto en presuposto como en asistencia, chegando a contar na súa cuarta edición con aproximadamente 3000 asistentes, ampliando ademais a súa incidencia xeográfica cara Vigo e Portugal.

No ano 2006 estreamos tamén páxina web: www.festivaltaina.com con máis de 200 visitas diarias o que lles permitiu chegar a moita máis xente.

Mais Info.: www.festivaltaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-02-2008 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer