Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A despedida dos Cempés
Este sábado 22, o grupo deuno todo para se despedir do seu público. Neste vídeo podemos comprobar a enerxía e o cariño que enchían a Praza de Amboaxe ferrolá.

Cantáronlle a Cedeira cando os percebeiros se sublevaran contra o capital na lonxa, e fixérano como quen canta un romance de cego, con zanfona e ton épico. Rescataron a Sara (Sariña) do esquecemento e fixérona ferrolá. Alimentaron en moitos a curiosidade pola música de noso. Agora marchan dos escenarios.

A noticia sentoulles a moitos como un balde de auga fría, pero xa a viñan anunciando dende hai un ano: os Cempés sepáranse. Quédannos xoias discográficas como Circo Montecuruto, Moe a Moa, Opaii ou Capitán Re. Durante unha ducia de anos, o grupo ferrolán espertou nas novas xeracións máis novas o formigo da música tradicional.

O pasado sábado 22 despedíronse como cómpre: nunha Praza de Amboaxe a rebordar de xente, dando o mellor de si. Serxio Ces, voz, pandeireta e saxo, Óscar Fernández no acordeón e a zanfona, Antón Varela nas gaitas e o clarinete, Óscar Painceiras no baixo eléctrico, Cabe García coa guitarra eléctrica e José Piñeiro, batería. Como diría a copla, "a despedida vou dar-e, a despedida vou dando, ai que despedida alegre, que me despido cantando".

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer