Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

3º Festival Implicate!: Noite de música e palabra solidaria

Xa están á venda as entradas para o III IMPLÍCATE! NOITE DE MÚSICA E PALABRA SOLIDARIA, promovido por Implicadas no desenvolvemento

O evento solidario, que terá lugar o domingo 16 ás 20.30 horas, reunirá no Teatro Principal de Compostela a artistas de luxo a prol da sensibilización cidadá e da cooperación

Artistas como:
Loretta Martin ou Espido en música;
Nova Galega de Danza ou María Reimóndez en danza;
Iria Piñeiro e Paula Carballeira en teatro;
María Lado, Antón Lopo, Estíbaliz Espinosa e Miguel Anxo Fernán Vello en poesía

daranse cita no Teatro Principal de Santiago de Compostela o domingo 16, ás oito e media da tarde, para participar na terceira edición do Implícate! Noite de música e palabra solidaria organizado por ‘Implicadas no Desenvolvemento’ (IND) e presentado por Yolanda Castaño e Isabel Blanco.

As entradas para Implícate! Noite de música e palabra solidaria xa están á venda, e pódense mercar a través do servizo de vendas de Caixa Galicia (a través da web e do teléfono 902 434443), no propio Teatro Principal, ou no local de Implicadas en Vigo (Camelias, 49 - escaleira).
O prezo é de 10€ entrada xeral e 6€ para estudantado. Dadas as características do local no que se celebrará o evento, o Implícate terá un aforo máis limitado que en anos anteriores, polo que recomendamos mercar as entradas con suficiente antelación.

O obxectivo de Implícate! Noite de música e palabra solidaria, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento galega, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse integramente a financiar proxectos de cooperación para o desenvolvemento de Implicadas.

Dende Implicadas consideramos que o cambio do mundo ten que comezar cun compromiso tamén con Galicia, recoñecendo o traballo que dende aquí se fai e activando as forzas vivas do noso pobo, como son as/os nosas/os músicas/os, poetas, artistas e persoas comprometidas e implicadas. Cremos que só cambiando as raíces da pobreza cambiaremos a situación de millóns de persoas, e iso implica cambiar a nosa maneira de vida aquí ao ladiño da casa. Pensamos que os pobos teñen dereito a decidir sobre os seus designios e que as persoas teñen dereito a vivir con dignidade, e por iso traballamos man a man coas organizacións cívicas do sur e coas comunidades empobrecidas para que desenvolvan as súas capacidades. E sabemos que o desenvolvemento da humanidade pasa por erradicar a primeira desigualdade, a de xénero, e por iso no noso traballo queremos dar voz e capacitación ás mulleres para que poidan decidir sobre as súas vidas e para que se respecten os seus dereitos.

E por iso é que, para estar máis preto de acadar os nosos obxectivos, organizamos esta segunda edición da Noite de música e palabra solidaria.

Implícate!
Saúdos

www.implicadas.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-12-2007 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer