Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Curso de Perfeccionamento Técnico en Catalunya

II CURSO DE PERFECCIONAMENTO TÉCNICO

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, tendo en conta o éxito do I Curso de Perfeccionamento, organiza a segunda edición destes cursos que tiveron tanta acollida no ano pasado.

Os vindeiros días 1, 2, 3 e 4 do mes de novembro dará comezo o II Curso de Perfeccionamento Tecnico. O lugar escollido para levar a cabo as clases volve a ser o centro Flor de Maig no recinto do Parc del Coneixement de Cerdanyola del Vallès. Espazo cedido gratuitamente pola Diputació de Barcelona.

Os cursos, volven a estar enfocados principalmente no profesorado das distintas disciplinas das entidades federadas en Catalunya pero debido á gran demanda de solicitudes de inscrición volvemos este ano tamén a ampliar os números de prazas dispoñibles.

Este ano contaremos co mesmo profesorado co ano anterior. A intención é darlle unha continuidade e, deste xeito, maior sentido e asimilación o aprendido nas clases do ano pasado.

Mestres:
Baile: Luís e María Prego
Gaita: Anxo Lorenzo e Diego González Mariño
Percusión: Alberto Costas
Canto e pandeireta: Leni Pérez.


O curso comezará o día 1 de novembro ás 12 da mañá, coa inauguración e presentación. Acto seguido, o profesorado, alumnos, representantes de organismos oficiais, e a organización estarán invitados a un xantar no mesmo recinto.

Debido o emprazamento dos cursos, este a ano a Federación de Entidades Galegas en Catalunya tamén correrá cos gastos de manutención dos alumnos no que se refire a almorzos e xantar. Os alumnos tamén poden contar con instalacións de vestiarios e duchas para todo aquel que precise do seu uso, despois das clases.

A clausura dos cursos celebrarase o domingo despois do xantar coa entrega dos diplomas os alumnos que asistiron as clases. O acto estará presidido polas autoridades das diferentes entidades, así como representantes de organismos oficiais.

Como remate final, o ano pasado se improvisou unha festa na que participaron mestres, alumnos e todo aquel que se acercou polo recinto no acto de clausura. Este ano tamén invitamos a pechalo acto deste xeito a todo aquel que queira asistir e participar da festa.

Máis información:
www.fegalcat.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-10-2007 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer