Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Encontro internacional de pandeiros de mao
Todas as actividades e concertos son de acceso libre e de balde

IV Encontro internacional de pandeiros de mao.
20 e 21 de Outubro. Pontevedra 07.

Os tambores de mao, entre os que se incluen algúns dos mais importantes instrumentos populares galegos, é dizer, a pandeireta e o pandeiro, son coñecidos desde a Antiguedade en culturas como a persa, a exípcia, a china ou a india. Desde a Idade Media adquiren protagonismo nas culturas ibéricas destacandose en Galiza como uns dos principais instrumentos para acompañamento de cantos e bailes. Levado por galegos, portugueses e españois a América introducese tamén nas músicas populares do Brasil, Cuba ou México.

A coñecida como “pandeireta galega” conta cunha técnica de execución única no contexto internacional, é destacada tanto pola cantidade de recursos interpretativos como polo valor patrimonial das músicas que acompaña. A vixencia da música popular galega de transmisión oral até os nosos dias convirtea numa das manifestacións mais relevantes da cultura popular europea.

A mostra internacional de pandeireta de Pontevedra evoluiu desde as suas primeiras edicións e foi mostrando exemplos da tradición viva e persoalidades destacadas con tecnicas tradicionais e contemporaneas, entre eles Xavier Leturia (Euskadi), Carlos Rizzo (Italia), Eliseo Parra (Castela).

Esta nova edición ademais de continuar coa programación reservada á pandeireta galega amplia definitivamente o seu interese polos tambores de mao considerando o adufe (pandeiro cadrado) e a pandeira (pandeiro redondo) no conxunto dos pandeiros de mao do mundo.

Teremos neste encontro representación do pandeiro cadrado de Pontevedra, con Maruxa das Cortellas considerada unha virtuosa popular deste instrumento. Desde Portugal, pais que conservou con maior vixencia a tradicción dos adufes introduccindoo en espectáculos contemporaneos, contaremos con a presencia de Paulo Meirinhos, un bon coñecedor da percusión popular portuguesa que compartillará espazo con Davide Salvado, xoven cantador e músico renovador na pandeireta galega. E para rematar,un cantor do Norte galego, Xabier Diaz presentando o seu novo disco “Coplas para Icia”.

PROGRAMACIÓN

Sábado 20.
22,00h. Serán Urbán na Praza da Verdura.
- As tanxedoiras do pandeiro
- Maruxa das Cortellas
- Pandereteiras da Hermida
- … escenario aberto para quen desexe tocar.

Domingo 21.
11h-14h. Aula aberta de adufe con Paulo Meirinho (Portugal). Edificio do antigo Conservatorio.

17-18h. Concerto didáctico.Teatro Principal.
- O adufe en Portugal. Paulo Meirinho.
- A pandereta e o pandeiro galegos. Davide Salvado.

20,30h. Concerto presentación do disco “Coplas para Icia” de Xabier Diaz. Teatro Principal.

Organiza: As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
Promove: Concellaria de Cultura. Concello de Pontevedra.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-10-2007 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer