Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Protesta no Casco Vello de Vigo
Abrir ou pechar Vigo ao mar?

Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello queremos denunciar a situación na que vai quedar a zona da Colexiata e a praza da Pedra tras a construcción do Centro Comercial A Laxe.

Todos os veciños puidemos comprobar día tras día que esta actuación realizada no proxecto Abrir Vigo ao Mar non fixo máis que todo o contrario, afastar aos veciños do Casco Vello e polo tanto a todos os vigueses da nosa ría.

A perda do mirador da praza da Pedra e das vistas á ría dende a propia Colexiata de Santa María quedará na memoria colectiva como un novo atentado urbanístico permitido polos políticos de turno, a perda para sempre dun novo retazo de historia e de corazón.

Gañan un mirador nun centro comercial e matan ao mesmo tempo unha ollada ao mar dun desesperado Barrio Histórico que procura un pouco de osixeno para respirar, que busca solucións e alternativas para a súa recuperación e que en troques só recibe golpes mortais das novas actuacións urbanísticas: Deshumanización da Praza do Berbés, megaestructura para a rúa das Ostras, eliminación do mirador da Praza da Pedra, …

Cal queren que sexa a vindeira actuación?

Unha nova obra faraónica no porto vigués?, Un novo proxecto megalómeno tipo Cidade da Cultura?, un novo edificio tipo “Torre Toralla” chantado no medio da ría?

Semella ás veces que é máis importante a sona dun arquitecto e as vaidades dun político que as necesidades dunha cidade como Vigo e, nos casos que lle afectan, un barrio como o Casco Vello.

Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello queremos deixar clara a nosa oposición a este proxecto xa rematado do Centro Comercial (co que nunca estivemos dacordo), denunciar as mentiras dos políticos de turno, os enganos coa incerteza de si afectarían ou non afectarían ás vistas do mirador e a desfachatez de seguir defendendo a súa necesidade… todos podemos comprobar a desfeita que acaban de realizar para o Casco Vello.


Enchense a boca de boas palabras, pero semella sempre que a finalidade económica gaña sobre a necesidade social.


Os veciños do Casco Vello fartos desta situación e deixando clara a nosa oposición a este proxecto xa rematado, queremos deixar clara tamén a nosa oposición ao novo proxecto de Jean Nouvel para o Porto de Vigo para o cal realizaremos unha concentración no “antigo” mirador da Praza da Pedra este venres 28 de setembro ás 19:00 horas.

Polo que pedimos a vosa colaboración para difundir esta concentración de protesta.
ABRIR VIGO AO MAR? ASÍ NON



Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer