Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cursos de Rebulir no Concello de Ramirás (Ourense)

INAGURACIÓN DA ESCOLA DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL "REBULIR"

O Concello de Ramirás inaugurará o próximo Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional . O nome escollido para esta escola é o de ? Rebulir ? . Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés , no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello.

O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades , desde 4 anos en adiante . Impartiranse clases de Baile tradicional , Canto e Pandeireta , Gaita Galega e Percusión Tradicional , complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega .Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais , xornadas lúdicas , a II noite de fiadeiro , xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás .

Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provincia de Ourense , engadindo un granciño máis a contribución que algúns grupos están a facer a prol da cultura do noso país. Sendo este un dos principais obxectivos que esta escola se marca , aceptando tamén o compromiso de facelo da maneira máis autentica posible , creando non só un grupo de músicos e bailadores , senón que estes a súa vez podan aproveitar estas habilidades aprendidas para desenvolverse en festas e seráns, o que nós consideramos como cultura de base.

PD: Para máis información chamar o teléfono 639 90 80 05 ou no correo de Rebulir@hotmail.com? Alexandre Sotelino Losada (Mestre da escola Rebulir).

Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2007 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Boas rapaces!!!
Non sabía da existencia diste blog. Que teñades moita sorte este ano en Ramirás, a ver se é coma o ano pasado ou m#blgtk08#ellor!!!

non vos queixaredes que vos deixo un comentario dende noruega!!!

moitos bicos a tódolos mestres!!
Comentario por sil (25-09-2007 17:12)
2 Moitas grazas polo apoio Silvia , no#blgtk08#s tamen esperamos q todo vaia ben .
Comentario por REBULIR (26-09-2007 14:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0