Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Danza das Espadas en Marín |
|
 Sábado 29 de setembro ás 13:30 (Danza das Espadas)
Unha misa no templo antigo de Marín é o prólogo á agardada danza das espadas, que segundo o Ateneo Santa Cecilia data do século XVII.
Dito baile representarase en tres puntos da procesión do San Miguel e nel poderanse ver homes e mulleres ataviados con roupas brancas e faixas vermellas para eles e azuis para elas.
Como manifestación coreográfica de caracter popular, a danza consiste na actuación dun conxunto de persoas que executan compasados movementos e harmónicas cadencias do corpo, marcando certos pasos, mudanzas e actitudes ao son da música. Esta danza aparece nunha época non ben determinada, cuxa cronoloxía é difícil de precisar por mor da desaparición do arquivo do priorado de Oseira que gardaba as fontes directas de todo o desenvolovimento da vila de Marín ao longo dos seus sete séculos de abacial señorío.
En todo caso a súa creación podería supor un feito relacionado coa creación da confraría de San Miguel que o gremio de mareantes do porto de Marín levou a cabo alá polo 1639. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|