Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festivalazo Homenaxe ao Movemento Bravú
Tomade nota da data...3 de novembro de 2007, lugar Chantada (Lugo).

Confirmado, resucitan Rastreros e resucita o Castañazo Rock de Chantada, aquel no que polo ano 1994 presentouse ao publico o recompilatorio "Unión Bravú!" e no lugar onde saiu á rúa o "Primeiro Manifesto Bravú".

Cunha morea de grupos nados do Movemento Bravú, que actualmente están a trunfar polos festivais galegos, e coincideindo co disco Homenaxe a Diplomáticos de Montealto, de novo é Chantada o epicentro musical galego.

Castañazo Rock 2007
3 de novembro de 2007 en Chantada


Zenzar - Rastreros - Ruxe Ruxe - Tres Trebóns - Cuchufellos - Motor Perkins - Dixebra

A vila de Chantada seguramente é o lugar que máis se achegue ao título de epicentro do Bravú e alí reuníronse Rastreros, Eskornabois, Impresentábeis, o Caimán do Río Tea, Bochechiñas, Verghalludos, Yellow Pixoliñas e os Diplomáticos de Montealto o 31 de outubro de 1994, na taberna "Caballero", da parroquia chantadina de Viana, que os da zona dicíanlle O Sistema, porque o propietario explicaba aos clientes a dieta: 'o sistema é cocido no inverno e churrasco no verán" e como corría o inverno os asistentes pegáronlle ao cocido.
Deron fe dese encontro Manuel Rivas e Alberte Casal e dalí saiu o primeiro Manifesto Bravú, hoxe nos libros de historia e no que se loitaba por defender a música do país, o cheiro das nosas cousas".

O movemento bravú serviu, polo menos, para pór en contacto xentes que adoraban a Mano Negra pero que non coñecían a uns veciños que tocaban nun grupo na aldea do lado música inspirada pola banda de Manu Chao", xustifica Xurxo Souto, ideólogo d'Os Diplomáticos de Monte-Alto. Hai exactamente dez anos aparecía na rúa o primeiro número da revista Bravú -"a publicación que sae cando a situación o require"-, integramente dedidada a reivindicar unha selección galega de futbol. Comezaba o devalo e fase final dunha corrente cultural que nacera no cerne de Galicia en 1994.

Para o responsábel do selo dixital A Regueifa, Noel Feáns, "o bravú foi o que normalizou dunha vez por todas a lingua na música". "Debemos estar orgullosos do bravú como un vasco está do rock radikal ou un alemán do krautrock", non dubida.

A xornalista María Yáñez, daquela directora do portal Bravú.net, fala da "confluencia inevitábel entre o aúxe do folk e a cultura rock" que desembocou no movemento. "Nos anos 90, en Galicia, o folk e o punk tiñan o mesmo público", asegura. Yáñez lembra "o labor teórico de Xurxo Souto" que armou "un colorario de ideas que axuntou persoas das vilas, dos barrios, das aldeas" e potenciou "a cuestión da autoestima e un certo proceso de descolonización mental". "Para min, o grunge, Tarantino e Os Diplomáticos estaban, en 1994 ou 1995, no mesmo barco", conclúe.

O bravú comezou a esmorecer antes da mudanza de século. Aquel "vive ás presas e morre mozo" do tópico rock semellou guiar a experiencia rururbana do bravú. O "bonito cadáver" que coroa o axioma semella fóra de discusión. Os consultados coinciden en rescatar o legado fonográfico da xeración. Noel Feáns analiza con contundencia: "Absolutamente todos os discos bravú parécenme imprescindíbeis, de Érguete! de Xenreira a Avante toda! d'Os Diplomáticos, de Galician people speak galego de Yellow Pixoliñas a O verme homicida de Skornabois". Para María Yáñez, o terceiro traballo de Diplomáticos, Avante toda!, condensou a madurez da xeira bravú. O escritor Santiago Jaureguizar, cabeza visíbel do que quixo denominarse "literatura bravú", comenta como adoito regresa aos longos de Rastreros, Diplomáticos ou Skornabois.

O propio Xurxo Souto enorgullécese do realizado: "O bravú demoleu apriorismos e deixou á vista que se pode facer algo con personalidade desde a periferia da periferia". "O bravú rematou porque se perdeu a tensión inicial", segue Souto.

Longa Vida ao Bravú!!

Nova relacionada: Disco homenaxe a Diplomáticos de Montealto


O Sacristán de Basán - Rastreros


Tratotada - Rastreros
Comentarios (7) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-09-2007 01:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Prestaría moitísimo que tocaran de novo tamén os Diplomáticos de Montealto no Festival.#blgtk08# />
E como voltasen os Xenreira, xa sería o festival do ano, ou do decenio ou...
Comentario por Pandeirada Salvaxe (18-09-2007 23:35)
2 Para min "Érguete" de Xenreira supuso un fito na historia da música galega, era a primeira vez que eu escoitaba música "combativa" e en galego na miña vida, letras que falaban dunha Galiza en pé de loita a ritmo de ska...eu estiven naquel concerto que deron no pavill#blgtk08#ón do Gatañal de Cangas do Morrazo a prol dos mariñeiros galegos do banco canario-sahariano, aquel concerto con Antón Reixa de speaker e que supuso en min unha nova forma de entender a miña "galeguidade", o meu sentimento da pátria e de País.

Un saúdo.
Comentario por breogain (19-09-2007 08:33)
3 Para min, Diplomáticos de Montealto, Rastreros e Xenreira son a base definitiva do novo rock galego.

Discos como o "Arroutada Pangalaica" ou o "Avante Toda" de Diplomáticos, "A Piñón Fixo" de Rastreros e o "Érguete" de Xenreira merecen quedar para a Historia polo efecto logrado tanto no ambiente m#blgtk08#usical da rúa como entre unha gran cantidade de grupos musicais que viron un guieiro común por onde encamiñar a súa música.

¿non había unha maqueta inédita de Xenreira?
Que soiños quedamos tras a súa desaparición...que pedazos concertos deron estes rapaces da Estrada!!

Saúdos
Comentario por Henrique (19-09-2007 09:12)
4 A musica morreu cando se desfixeron os yell#blgtk08#ow pixoliñas. Rock da terra e de tradición.
Comentario por EU (28-09-2007 13:54)
5 o#blgtk08#o
Comentario por polar (16-10-2007 01:17)
6 eu penso que os primeiros testimonios de rock galego foron os que deixaron yellow pixoliñas, a partires de ahí moitos grupos deixaron inmortalizadas nas suas gravacións un auténtico patrimonio musical de estilos cantados en galego, español e tamen instrumentais. Para min dos que coñezo os máis importantes son:os citados yellow pixoliñas que practicaban rock blues ainda que tamén tiñan temas ska, skacha practica punk melódico alegre con letras non tan alegres, o estilo q fai soak chamanlle punk corrosivo con algún ramalazo ska; por outra banda quero destacar dous recopilatorios que foron claves, baixo meu punto de vista, para coñecer o panorama do rock galego e para espertar a curiosidade por coñecer o legado e a discografía das bandas de rock galegas, estes foron "Unión bravú" #blgtk08#e os 5 volumes de "A cantar con xabarín", quero destacar o agropunk dos rastreros de zenzar, a elaborada música punk folk rock ska reguee instrumental dos papaqueixos, hai unha chea de grupos que fusionaron eses estilos de forma mais definida como o caimán do rio tea, xenreira ruxe ruxe dakidarria skarnio etc e outros de forma menos definida como os bochechiñas e os diplomáticos de montealto, proposta interesante tamén é a dos heredeiros da crus facendo rock con letras jrasiosas. Definitivamente creo q apenas hai bandas q fagan rock bravú nos tempos nos que vivimos pero a finais dos 90 e hoxe en día aínda hai bandas q teñen algunha q outra canción en galego, das bandas que eu coñezo quedome con kgbn e farrapo de ghaitax e outros grupos como otra birra,leukocitos, puta miseria
Comentario por polar (16-10-2007 02:36)
7 o certo é que cada quen aportou o seu grao de area para que o rock galego agromase. Todas as bandas merecen o respeto, cadaquén no seu momento fixeron algo....
Os Pixoliñas, Xenreira, Rastreros, Zënzar e Korosidansas foron os pioneiros....ZËNZAR aínda aguanta e polo que vin nese festival Bravú mellor ca#blgtk08# nunca.
Resentidos fixeron moito polo rock galego e Reixa sobre todo polo seu peto e a súa reputación....non me merece a estas alturas ningún mérito...so traballou para ser "el mas masss medddia de los intelectualillos " que non abre a boca en temas que influian na súa faceta de RECEBEDOR DE SUBENCIÓNS.
Comentario por xocas (05-11-2007 12:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer