Malmequer

Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Danza de Darbo (Cangas)

Danza de Darbo (Cangas)

Declarada Festa de Interese Turístico Galego.

O día 8 de Setembro, a continuación da celebración dos oficios relixiosos das 12:00 da mañá chega a procesión ó redor do templo da patroa de Darbo, Santa María, ó longo dun percorrido que se achega ó medio quilómetro.

O seu remate bailase a tradicional Danza e Contradanza diante da imaxe da Virxe.

No Adro da Igrexa Parroquial de Santa María de Darbo, un dos mellores exemplos de barroco rural dos que se poidan contemplar en Galicia. Esta igrexa está adornada na súa parte posterior cunha preciosa fonte barroca e todo o conxunto está situado nun lugar rodeado de natureza.

Xa pola tarde, terá lugar unha segunda misa, ó redor das sete, á cal lle segue, de novo, a Danza e Contradanza, que ten unha duración aproximada de tres cuartos de hora.

Este baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos polos antepasados. A danza data do século XVI e bailábase para dar gracias á Virxe por favores recibidos durante o ano. Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un percusionista, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza. Os danzantes distribúense en tres filas, seguindo ó guía principal, que leva as damas e as coloca formando arco en fronte da fila da esquerda; esta sae e marcha por fóra da outra formando outra parte do arco que se une ó primeiro; e, por último, a outra fila de galáns cerra a circunferencia.

Para a Contradanza utilízase a mesma colocación, fórmase un círculo xeral levando o guía ás damas e despois ós contraguías coas súas filas. Desfacendo o círculo formando as tres filas, e cunha volta sobre si mesmo de cada individuo, remata a Contradanza e a Danza.

Trátase dun baile moi vistoso, no que os homes tocan as castañolas. Un grupo de bailaríns baila ante a figura da Virxe, seguindo unha coreografía transmitida de pais a fillos procedente do seo dos gremios e confrarías que querían honrar á súa patroa.

VESTIMENTA DA DANZA E CONTRADANZA DE DARBO

A vestimenta dos Galáns da Danza de Darbo sufriu variacións ó longo da súa historia. Así pois, antano os galáns vestían un traxe calquera intentando os compoñentes do baile ir coas mellores prendas que cada un posuía.

Ata hai poucos anos e coa finalidade de conseguir que todos fosen vestidos do mesmo xeito lucían a vestimenta usada nos bailes típicos galegos.

Na actualidade e gracias o esforzo por recuperar a indumentaria orixinal da Danza, bailase cun traxe escuro e camisa branca como se pode comprobar no dossier fotográfico. Dita recuperación fíxose realidade gracias ás contribucións realizadas polos fregueses a través da Asociación Cultural Danza de Darbo.

Os homes que bailan na Danza desta parroquia tamén levan sombreiro, de feltro, que no caso do guía e para diferencialo é adornado cunha gran pluma.

Outro complemento que atopamos na vestimenta dos homes son os pendentes. Sobre o porqué deste tipo de xoias na súa vestimenta existen varias teorías, unha delas afirma que é un complemento levado dende antano para simbolizar riqueza, así pois, estas xoias imitan ó ouro como reminiscencia de tempos pasados.

A outra teoría sobre a orixe dos pendentes basease en que os homes tiveron que substituír ás damas para cumprir cun dos vetos impostos pola igrexa que prohibía a participación das mulleres nestes bailes.

As Damas visten enaguas e saias de cor branca con puntillas de ata dez centímetros de anchura tapadas ambas prendas cun mandil negro bordado. A camisa tamén é de cor branca de mangas anchas e con moita engurra. Cubrindo a camisa levan un pano de cachimir cruzado e atado atrás.

Os sombreiros son de palla e seméllanse moito ós da Danza de Aldán aínda que neste caso as flores son naturais e a composición floral é cada ano diferente, pois son as propias Damas as que os confeccionan horas antes de que teña lugar a Danza para que as flores teñan o mellor aspecto posible.

Estes sombreiros son elaborados a partir dunha base de espuma onde se insiren os talos dos ramalletes ata alcanzar os trinta centímetros de altura, sen dúbida dunha vistosidade que ben merece ser contemplada.

Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Sinto ter que dicirche, querido Enrique, que son moitos os erros que hai neste texto.

Levo dende o ano 1994 bailando a Danza de Darbo e dende o 2003 sendo o guía e ó máis que puidemos bailar foi entre 15 e 20 minutos, na vida bailei 45 minutos. Quen ía aguantar 45 mintuos cos brazos arriba?!?!?!

Ademáis, non sei cal será a túa fonte de información, supoño (e espero) que non eres ti mesmo xa que idea sobre baile tes. Digo isto porque en nimgún mome#blgtk08#nto da Danza se sitúan os danzantes en forma de roda... Onde se viu iso? Que Danza foi? :S Tan só nun momento da Contradanza, pero só un momento puntual, o resto non. De feito, tamén facemos tres rodas máis pequenas, e en tres filas tamén.

P.D.: Olvidóuseche dicir que o guía tamén leva unha banda de caxemir.
E home... ben puideche pedirme unha foto máis actual, cos traxes de época que vestimos agora :P

P.D.: Por certo, a misa é ás 12:30 h.
Comentario por Milego (06-09-2007 21:33)
2 Ola Milego, graciñas de novo por estar aí e correxir eses erros.

O texto está collido da web do Concello de Cangas, eu non chego a estes niveis de coñecemento da Danza, pero semellaba un texto fiable.

http#blgtk08#://www.concellocangas.com/index.php?id=2203#4406

A min xa me parecía estrano iso dos tres cuartos de hora, polo ano pasado cando mirei a Danza non me pareceu tanto tempo e semellaba máis ben como ti dís, de 15-20 minutos, que tamén é o tempo da danza de San Roque en Vigo.

Un saúdo
Comentario por Henrique (07-09-2007 00:51)
3 APOLOXÍA POLÍTICA GALEGA: cuartos.blogaliza.org

Galego. Queiras ou non es galego. Galiza. Gústeche ou non vives na Galiza. Político. Es un animal político. Non votes, votes a Xan, votes a Roque, é unha decisión política. Pensa no que se loitou para conseguir o dereito a voto. Vas desprezalo? Vota. “Pero os políticos son todos iguais!”. Mentira! Iguais non, parecidos. Vota.

E dime, vas votar aos partidos estatais? Bótaos, non te representan, non te defenden. Non os votes. Hai máis cores que o branco e negro. Non todo é rosa ou gaivota. “E logo a quen hei votar? Ao Bloque Nacionalista Galego?… É que eu non son nacionalista”. E iso que importa.

Galego. Queiras ou non es galego. Galiza. Gústeche ou non vives na Galiza. Tes os mesmos problemas ca min, adoecemos do mesmo:

-déficit de infraestruturas (cal foi o último lugar ao que chegou o ferrocarril?… e a historia estase repetindo co Ave, ou non?),

-bloqueo dos nosos sectores produtivos (construción naval, sector agrario…),
-avance na privatización do ensino público,

-impedimentos para acadar a normalización lingüística,
#blgtk08# /> -necesidade do traspaso de competencias ao Goberno de Galiza (tráfico, salvamento marítimo [sabes cantas persoas faleceron no mar desde o que vai de ano? 14. Lembra o Prestige. Paréceche que dende Madrid xestionan ben a nosa costa?], seguridade viaria), etc.

Aínda que non cho pareza as decisión que se toman no Parlamento español aféctanos, e moito. Vota ao PSOE-PP e haberá uns cantos deputados lambéndolle o cu aos seus respectivos presidentes de partido Zapatero e Rajoy. Vota o BNG e terás deputados fieis aos intereses de Galiza e do pobo galego, con criterio independente, pensando en Galiza e pensando nos galegos, defendendo os nosos dereitos como pobo, reclamando melloras para a nosa nación. Vota ao PSOE-PP e terás uns deputados-servos de Zapatero e Rajoy. Vota ao BNG e terás uns deputados-servos de Galiza, que non teñen máis amo que o pobo galego.

Chegou o momento da decisión. O futuro, a historia estala a escribir neste momento. Son as decisións individuais dos cidadáns transformadas en vontade xeneral asque gobernan a historia e deciden o futuro. Decide, escolle. E se non te convenzo arreda do bipartidismo, vota a Esquerda Unida.
Comentario por CUARTOS (04-03-2008 20:49)
4 APOLOXÍA POLÍTICA GALEGA: cuartos.blogaliza.org

Comentario por CUARTOS (04-03-2008 20:52)
5 Wow, cool man, big thank#blgtk08#s! http://dlwymdaxey.com
Comentario por ytbgxfdeyd (26-04-2008 00:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007

Galiza

Malmequer