Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobre o Traxe Tradicional Galego
Os problemas de vestir a tradición:

A coincidir co calor e coa multiplicación de romarías e de festas de todo tipo no noso país, é nos meses estivais onde é máis común ver nas nosas rúas, adros e prazas xente ataviada cos nosos traxes tradicionais. No entanto, non todo o mundo está de acordo en que o que ollamos sexa realmente parte da nosa tradición. As polémicas sobre a nosa moda popular mantéñense desde hai anos.

En xeral, no momento en que a cultura popular pasa a ser recuperada por elites urbanas, prodúcese unha alteración daqueles costumes ou elementos que se queren recuperar. Sexa por diferentes valores estéticos, por cuestións ideolóxicas e de moralidade, ou mesmo por falta de práctica e sen que cumpra mala intención, este proceso dáse en todo o mundo desde que, nos séculos XVIII e XIX comezou a recuperación dos elementos folk. A nosa vestimenta tradicional, como non, sufriu tamén procesos deste tipo. Segundo explica Álex Regueiro, un dos sete artesáns que Industria recoñece como especializados na confección da nosa vestimenta, “Lendo Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía ou outra xente de espírito rexionalista vese que representan unha variedade e traxes inmensa”. De calquera xeito, e malia a que é posiblemente un dos elementos máis traballados, difundidos e recuperados desde hai case 200 anos, a investigación desta parte da nosa cultura popular dista de estar completa.

Historia de cambios
Xa a comezos do século XX existen denuncias sobre deturpacións encol do noso traxe tradicional. “Pefecto Feijoo denunciou no seu momento que se estaba a producir unha alteración do traxe porque se tendía a uniformar as corais”, explica Álex Regueiro. “Xa hai unha constancia destes problema que vén desde comezos do século”. Máis adiante, o traballo da Sección Feminina da Falanxe e das súas agrupacións de coros e danzas provocaron aínda unha maior confusión encol das características do traxe popular. “O franquismo non é que producise algunha alteración, realmente cortou de raíz calquera expresión artística galega”. A estandarización que produciu este movemento “foi despois recollida por nenos e nenos e nenas que ensaiaban con eles e que interpretaron que aquel era o traxe tradicional. Non foi ata os oitenta que se iniciaron traballos de campo serios”, asegura.

Problemas de recuperación
Malia a estes traballos, nos últimos vinte anos mantéñense aínda mitos e erros na reconstrucción do noso traxe tradicional. “Somos vaidosos e andamos á competencia de ver quen se viste máis espectacular. E entón inventamos”, explica este investigador.As deturpacións do noso traxe, para alén da vaidade, poden vir por diferentes bandas. “Moita xente recupera modelos a partir de fotografías que están en branco e negro. Un ten que formarse para recoñecer as diferentes tonalidades dunha fotografía e interpretar se unha cor era vermella ou negra”, explica Regueiro. “Ademais, hai que recorrer aos pintores e máis á tradición escrita, e moita xente é preguiceira para se meter nas bibliotecas”.

Mudanzas do espectáculo
Canda a isto, este artesán denuncia que a maior parte dos traxes que existen están elaborados por persoas que carecen de correspondente cualificación de industria, e que isto provoca a miúdo desviacións nos modelos que se amosan. “En case ningún dos grupos de baile van as mulleres ben vestidas. Por exemplo as saias era moi raro que pasasen dos catro metros de voo, e agora todas teñen máis porque loce para a interpretación”, explica. Ao tempo, denuncia modificacións nos materiais, en moitos casos artificiais, ou un exceso de colares e adornos. A outro nivel, un dos problemas máis comúns dos traxes actuais é a mestura de elementos de diferentes comarcas. “Iso non lle fai mal á xente que olla un espectáculo, pero se non se recoñece de onde é unha prenda tíraslle o mérito a unha artesanía local e faslle mal á cultura” explica Regueiro, “detrás dunha prenda hai unha manufactura que daquela podía ser toda a vida dunha aldea”.

Reivindicacións
En xeral, este investigador denuncia unha falta de rigor nas reconstruccións dos traxes que se poden ver no noso país e mais un xeral desinterese da administración para recuperar os modelos orixinais. “Que a conselleira de Cultura se vista co traxe tradicional e que todos os que participan no día de enxalzamento do traxe, representantes de institucións ou universidades que todos, se aparezan con el”, reclama. Canda a isto, para Regueiro é fundamental tamén a creación dun museo do traxe no que se poidan ver pezas orixinais “para que non queda dúbida sobre como eran os elementos reais” e que conte cun departamento de conservación que permita a supervivencia de prendas delicadas.

www.culturagalega.org
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 05-09-2007 01:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Mira neno... de ti tan só coñezo o teu traballo e por certo deixa moito que desexar. En qué fotografías, en qué documentos, en qué pezas orixináis... te basaches para facer un traxe da Terra Chá en pano branco con casquete ou un traxe de gaiteiro con tódalas pezas en cor amarela canario...(Día do traxe en Santiago 2007) Para presumir tanto de lab#blgtk08#or investigadora... non te luce moito o traballo resultante. Penso que máis que reproducción fidéis o que tí fas son "traxes inspirados" máis propios de vedettes que de outra cousa. Non lle tomes o pelo a xente. Nunha cousa sí te dou a razón, o traxe galego está a sufrir unha desvirtuación alarmante.... pero ti tamén es culpable. E dos peores...
Comentario por (26-02-2008 20:07)
2 buenos dias, acabo de ver este comentario, y ami el traje no me lo hizo alex regueiro, soy el del traje amarillo, y me lo hicieron unas modistas.<#blgtk08#br /> lo confeccione en hornor a jose luis miguez abucide. yo fui en el grupo, alexandre, pero el no me hizo nada, y si a ti no te gusta a mi si.
Comentario por pepe (07-07-2008 09:49)
3 este é o sitio web do artista artesán alex regueiro.
encantado de recibir calquer tipo de consello que contribúa a recup#blgtk08#eración do patrimonio galego.
un saudo a todos e a todas que tanto aprezades a miña laboura.
www.alexregueiro.com
Comentario por alex_regueiro (08-01-2009 13:21)
4

Querida Anxela:

Eu tiña un soño, soñaba que a cultura neste pais galego collería un rumbo
distinto, e cando me refiro a distinto, non penso en deixar de facer o que
o PP no seu momento facía ben.

Onde quedou o traxe tradicional galego? Gustaríame unha resposta, eu, e
como min moitos e moitas amigos e amigas do traxe, non a atopamos. Non fai
falla que sexa de palabra, cun feito sobraba.

Pensaba verte algún día vestida de galega, galega que sempre defenderon
mulleres como Rosalia de Castro ou a grandísima Emilia Pardo Bazán. Si,
si, ela non o visteu, pero defendeuno e impulsouno falando del, para que
nunca quedase esquecido.

Hoxe en día, o traxe tradicional galego, segue a ser do último que en
cultura se fala, eu pol#blgtk08#o menos non me enterei. Somos oito artesáns do
traxe, e polo que a min se refire síntome moi defraudado de que nunca se
contase con nós para implicar ao ben amado traxe patrimonial.

Publicanse libros, con que rigor? danse coferencias, quen as imparte? e
non falemos dos presupostos que nos piden aos talleres para confeccionar
traxe galego:

-hola, chamo do centro galego de "", precisamos un presuposto para pedir
unha subención á Consellería de Cultura. Pois ben, eu dou o presuposto,
pero: quen fai a roupa? quen fai o seguimento de que eses cartos se
empregan para ese fin e que o traballo se lle da aos artesáns que figuran
no rexitro xeral de artesanía de Galicia da Conselleria de Innovación e
Industria?





Comentario por (28-01-2009 20:23)
5 http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=6191#blgtk08#&corte=2009-02-26&hora=12:50:39&canle=tvg1#
Comentario por (04-03-2009 19:44)
6 http://www.elcorreogallego.es/index.php#blgtk08#?idMenu=3&idEdicion=747&idNoticia=69003
Comentario por (16-06-2009 12:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer