Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Día da Galiza Martir |
|
 "... a miña saude ainda quixo visitar devotamente os moitos cimeterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia. Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do esprito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non perteñece á Hestoria senón á Tradición, en arume de Lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próisimo ou lonxano, a bandeira da nosa Redenzón." (Alba de Grória, Castelao)
Alexandre Bóveda Iglesias naceu en Ourense o 4 de xuño de 1903. Fai o primeiro ensino na Escola Normal e logo estuda no coléxio Villar de Ourense, onde fará a preparación de Perito Mercantil, estudos dos que se examinará na Escola de Comércio da Coruña.
Afeccionado á música desde moi novo, aprende solfexo na Académia da Banda Municipal. Participa na Coral de Ruada e no Orfeón Unión Orensana. Empeza a traballar como docente no Coléxio Villar, e ao mesmo tempo prepara as oposicións de auxiliares de Contabilidade. No ano 1920 publica o seu primeiro artigo no diário agrarista de Basílio Álvarez La Zarpa, sobre o tema do ferrocarril Ourense-Zamora.
Trasládase a Madrid para opositar a unha praza de Auxiliares de Contabilidade. Prepara as oposicións no instituto Reus, completando a sua formación xurídica e económica con periódicas vistas ao Ateneo. No ano 1923 aproba as oposicións co número 1.
PONTEVEDRA
Desde a sua chegada a Pontevedra no ano 1927, con só 23 anos, para ocupar a Xefatura de Contabilidade da Delegación de Facenda, a sua presencia na cidade faise patente e notoria en múltiples tarefas, participando activamente nunha época en que Pontevedra viu nacer importantes proxectos sociais, políticos e culturais como o Museo Provincial, a Misión Biolóxica, a Caixa de Aforros, o Partido Galeguista...
A partir de 1928 a súa voz engalana as veladas da Polifónica, coa que percorreu distintos puntos da xeografía galega e española.
Ao longo de ano e medio, entre agosto de 1928 e febreiro de 1930, tivo unha participación decisiva na organización da Facenda Provincial e na criación da Caixa Provincial de Aforros. Comisionado polo entón Presidente da Deputación, Daniel de la Sota, Bóveda realiza estudos en Cataluña e no Pais Vasco sobre o funcionamento de distintas Caixas de Aforros e presenta un informe que serve como base para a eleboración dos estatutos e do organigrama da entidade. En xaneiro de 1930 comeza a andar a Caixa Provincial de Aforros, con Bóveda como director. Ten 26 anos de idade.
Antes, o 20 de outubro de 1928, ingresara no Seminario de Estudos Galegos, formando parte da sección de Ciencias Sociais e Económicas.
ACTIVIDADE POLÍTICA: O PARTIDO GALEGUISTA E O ESTATUTO DE AUTONOMIA
En abril de 1931 forma parte da ponéncia do S.E.G., xunto con Vicente Risco, Luís Tobío, Ricardo Carballo Calero e Valentín Paz-Andrade, que elaborou o Anteproxecto de Estatuto de Galiza, traballo que foi editado en Pontevedra en maio dese mesmo ano. Como anexo do anteproxecto figura o Estudo económico-fiscal elaborado por Bóveda.
En maio de 1931 participa na criación do Partido Galeguista de Pontevedra xunto con Castelao, Cabanillas e Núñez Bua, entre outros.
O 5 e 6 de decembro de 1931 fúndase en Pontevedra o Partido Galeguista e Bóveda é elixido Secretario de Organización. Participa na redacción do programa do Partido, especialmente no apartados económicos; elabora persoalmente o título VII, referido ao "Rexime Fiscal".
En xullo de 1932 participa na Asemblea pro-estatuto de Santiago. Bóveda é elixido membro da comisión redactora do anteproxecto de Estatuto, que haberia de ser o texto definitivo.
Entre o 17 e o 19 de decembro de 1932 celébrase en Santiago a Asemblea de Municipios para debater o anteproxecto de Estatuto, acto no que Bóveda ten un papel moi activo. O 19 de decembro celébrase a II Asemblea do P.G., na que Bóveda é reelixido Secretário de Organización.
A comezos de 1933 é elixido membro do Comité Central da Autonomia, organismo presidido por Bibiano-Fernández Osorio Tafall. Ao longo de 1933 desenvolve un intenso traballo con mítines en toda Galiza na campaña a favor do Estatuto.
O 20 de outubro de 1934 publícase unha Orde Ministerial impóndolle o destino administrativo forzoso á Delegación de Facenda de Cádiz e o 30 de novembro deste mesmo ano toma posesión do seu novo destino. En outubro de 1935, despois de case un ano de desterro, retorna a Galiza cunha praza na delegación de facenda de Vigo.
Nos primeiros meses de 1936 participa activamente na campaña das lexislativas de febreiro, ás que concorre como candidato da Frente Popular pola província de Ourense.
En marzo de 1936 cesa no seu posto en Vigo e toma posesión en Pontevedra.
O 17 de maio participa como representante do Partido Galeguista na Asemblea na que se ha fixar a data do plebiscito do Estatuto. Ao longo do mes de xuño participa activamente na campaña do Estatuto, durante a cal dá mítines por toda Galiza.
O 28 de xuño é aprobado o estatuto en referendo popular, co voto favorábel do 73% do censo. En 1948, no exílio americano, Castelao dirá: "cando Galiza encarou seriamente a conquista do seu Estatuto, a laboura de Bóveda asombrounos a todos e obrigounos a traballar rexamente. E ben se pode decir que a maor parte do realizado naquele intre debéuselle esclusivamente a Bóveda".
XUÍZO SUMARÍSIMO E CONDEA A MORTE
Inmediatamente despois do levantamento militar do 18 de xullo preséntase no Governo Civil, onde participa xunto co Governador e outros dirixentes republicanos na defensa do rexime constitucional e democrático. O 20 de xullo é detido e ingresado no cárcere de Pontevedra. O 13 de agosto de 1936 é xulgado en xuízo sumarísimo, acusado de traición. Condenado a morte, foi fusilado na Caeira o 17 de agosto. Os seus restos repousan no cemitério de San Amaro de Pontevedra.
ALEXANDRE BÓVEDA, EXEMPLO DE HONESTIDADE E ENTREGA Á CAUSA DE GALIZA.
Ao longo da sua traxectória humana e política, Alexandre Bóveda puxo sempre o interese supremo de Galiza por diante de intereses persoais e partidistas. Por este motivo o seu nome debe ser recordado como símbolo da honestidade e da toleráncia, e a sua memória preservada como exemplo sobre o construir un futuro de progreso e convivéncia pacífica.
Actos do día da Galiza Martir:
http://galizamartir.blogaliza.org/
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Na Galiza exterior tamén hai actos:
A Federación de Sociedades Galegas na Arxentina, o colectivo Herbas de Prata, o Museo da Emigración Galega na Arxentina e a Biblioteca Galega de Bos Aires chaman a participar no recordo e homenaxe ao "sacrificio dos galeguistas, nacionalistas, persoas de esquerdas de toda condición e de todos os estamentos sociais".
A homenaxe inclúe en Bos Aires un acto no Salón Arturo Cuadrado, onde se fará unha ofrenda floral a pé do retrato de Alexandre Bóveda e se proxectará o documental "De#blgtk08# mar a mar, a saga de Arturo Cuadrado". Na xornada participará o subdirector de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Francisco Naval.
Por outro lado, na capital uruguaia é a delegación do BNG a que organiza as actividades. Así, ao mediodía realizarase unha ofrenda floral na praza Independencia de Montevideo, ao pé do prócer José Artigas. Segundo o Bloque uruguaio, buscan honrar "tanta entrega e sacrificio" e destacan que Bóveda personificou aos "bos e xenerosos", aos que canta Eduardo Pondal nun dos versos do himno. |
|
|
Comentario por Sabela (17-08-2007 18:20) |
|
|
2 |
Sí que debería ser un día moi especial para todos os galegos bos e xenerosos.
Hai 71 anos...
Xosé Sesto (pai do actual ministro de Cultura de Venezuela, Farruco Sesto Novás) pasou con Alexandre Bóveda os seus derradeiros minutos de vida na cela. Confesaron e Alexandre pediulle a Sestiño que se achegase para rezar con el en galego.
Alexandre Bóveda pedíralle ó xuíz da causa, o comandante Vila, envolve-lo seu cadáver coa bandeira galega, ó que Vila respondeu que non había problema ningún.
A Bóveda notificáronlle a súa sentenza de morte un quince de agosto, e tivo que agardar tres días para a súa execución. O quince para o catolicismo espanol era día da Virxe, mal día para asasinar. O dezaseis cadraba domingo, mal día para asasinar tamén, así que o deixaron para o luns dezasete.
Ese luns 17 de agosto de 1936 saíu correndo Xosé Sesto ao Casino de Pontevedra buscar unha bandeira galega, precisamente no primeiro sitio no que se izou unha bandeira galega en Pontevedra.
Cando chegou ao lugar da execución, dezasete minutos despois de estar con Bóveda #blgtk08#rezando, este era cadáver.
O comandante Vila negoulle a Sesto a posibilidade de envolver a Alexandre Bóveda coa bandeira galega que lle levara. Este replicoulle que ónde estaba a súa palabra, ónde a súa honra.
Correndo marchou á casa de Pepita Novás, que despois sería a súa cuñada, e pediulle que lle fixese unha pequena bandeira galega.
Volveu con esta outra vez onde o cadáver de Alexandre, bicouno e meteulla debaixo da ensanguentada chaqueta no peto do chaleco, unha pequena, minúscula bandeira que cinguiu a Alexandre todo, en nome de toda Galicia e de todas e tódolos galegos e galegas nesa viaxe de emigrante sen regreso que é a morte.
Contaba Sesto que moitos crían que Bóveda morrera, que Alexandre Bóveda morrera definitivamente. Están, estaban equivocados os asasinos, os enterradores. Por el, por Alexandre, puido decir Castelao, seu irmán, seu amigo, no seu álbum Galiza Mártir "non enterran cadáveres, enterran semente".
.- Notas autobiográficas de Xosé Sesto no limiar do libro de Xerardo Álvarez Gallego ?Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda?.
|
|
|
Comentario por Henrique (17-08-2007 18:57) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|