Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

16 de agosto: Danza de San Roque en Hío

O Hío revive a tradición da danza

No Hío (Cangas), como cada 16 de agosto, celebrarase unha nova representación das danzas ancestrais que se remontan ao século XVI. Así, a localidade pontevedresa súmase así ás danzas ancestrais que se organizan tamén en San Sebastián de Aldán e Darbo.

Diante do cruceiro da vila, unha vintena de homes repártense en tres fileiras das que unha actúa como "damas" mentres que as outras dúas son os "galáns". De corbata negra, con sombreiro de fieltro e vestidos de branco, estas últimas figuras rondarán as "damas", que portan uns traxes semellantes aos dos que peregrinaban a Compostela, polo que se coñece tamén esta danza como a dos "Pelegríns".

A festa está declarada de interese turístico debido á antigüidade dos bailes e dos traxes.

Danza de San Roque do Hio en Cangas:
Ás 12:30 e ás 19:00 horas, diante do Cruceiro de Hío
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Querido Henrique... esta foto correspóndese coa Danza de Darbo de 2002.
Na Danza de Darbo 15 bailadores repártense en dúas filas de homes e unha fila de mulleres, todos eles seguindo os movementos dun guía, e acompañados por unha gaita e unha caixa. E, dende hai uns anos, os homes imos vestid#blgtk08#os con traxes de época.

Na Danza do Hío repártense 15 homes en tres fileiras, unha das cales asume o papel de "damas", mentres que as otras dúas son as de "galáns". Os homes visten de blanco, con sombreiro de fieltro e corbata negra, mentres que as "damas" van vestidos de peregrinos.
Comentario por Milego (14-08-2007 17:18)
2 Correxido.

Gr#blgtk08#aciñas Milego, unha aperta.
Comentario por Henrique (16-08-2007 14:52)
3 Milego, teño que dicir que fas moi ben en aportar cantos mais datos da danza de Darbo e da danza de O Hío mellor, pero presta atención á foto xa que efectivamente correspóndes#blgtk08#e ao adro da igrexa de O Hío pois creo que a ría de Aldán dificilmente se olla dende Darbo, así que Henrique neste caso non hai nada que correxir.
unha aperta aos dous.
Comentario por Canguesa (16-09-2007 02:35)
4 Ola Canguesa, graciñas pola confianza, pero Milego tiña razón...
a foto que estaba subida anteri#blgtk08#ormente si que era de Darbo...

Esta de enriba si que é de Hío.

Un saúdo
Comentario por Henrique (16-09-2007 14:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0