Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional (Guitiriz-Lugo)

Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz (Lugo) a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.

Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers e artesáns estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe en día é unha referencia indispensable da música tradicional na península.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos
seus instrumentos. Non faltedes a esta importante cita!!





PROGRAMA DA MOSTRA


SÁBADO 4 DE AGOSTO

17:00 h. ---------------------- Apertura da Mostra
17:00 h. a 21:00 h. ------- Escenario libre para músicos espontáneos
18:00 h. ---------------------- Pregón FUXAN OS VENTOS
18:30 h. ---------------------- Actuación de LUDOVAINA

DOMINGO 5 DE AGOSTO

11:30 h. a 13:30 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos
12 :00 h. --------------Obradoiro de xoguetes sonoros PABLO CARPINTERO
12 :00 h. ---Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
16:00 h. a 21:00 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos
17 :00 h. ---Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
18:00 h. -------------------------Actuación de OS ENXEBRES DE CACHEIRAS
20:00 h. a 21:30 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos


Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII - 7 - 36002, Pontevedra
986 847 074 www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0