O MÉRCORES 25 DE XULLO ÁS 16:00 HORAS A TVG EMITIRÁ O DOCUMENTAL FRONTEIRAS, DIRIXIDO POR RUBÉN PARDIÑAS. TRÁTASE DUN PERCORRIDO POLOS LÍMITES XEOGRÁFICOS E CULTURAIS DE GALICIA, E NEL INTERVEÑEN POLÍTICOS COMO XOSÉ MANUEL BEIRAS, MANUEL FRAGA, ESCRITORES COMO XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN E ANXO ANGUEIRA, ASÍ COMO OS VECIÑOS DAS TERRAS ESTREMEIRAS DO EO-NAVIA (ASTURIAS), BIERZO (LEÓN), AS PORTELAS (ZAMORA) E PORTUGAL.
No debate sobre a que comunidade político-cultural deben pertencer as rexións fronteirizas, todo o mundo ten unha opinión: desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, ata as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Todos eles falan en Fronteiras de como perciben o feito de que as divisións administrativas non coincidan moitas veces coas lindes culturais. O documental é un achegamento á construcción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal.
O documental, producido por Pasacana Films, patrocinado por AVID Technology e dirixido por Rubén Pardiñas, é un percorrido polas fronteiras socioculturais de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. O proxecto recibiu en 2006 o Premio Xpréssate en Tui´06 ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc e estreouse en 2007 no mesmo festival.
O filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal). As opinións sobre a propia identidade resultan do máis variadas en todos estes lugares; hai dende quen explica nun galego impecable que el non ten nada que ver coa cultura galega, ata quen reclama a anexión a Galicia.
Recóllense tamén declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei, Xosé Lluís García Arias ou Ramón d´Andrés tamén aportan o seu punto de vista, ademais dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano. O historiador Justo Beramendi, o politólogo Álvaro Xosé López Mira e o gaiteiro Bieito Romero son algúns outros dos persoeiros que falan en Fronteiras.
O documental reflicte tanto a convivencia cultural como as polémicas que xurden desta situación de ?transición?. Así como no Bierzo e nas Portelas o feito cultural galego está máis ou menos asumido, o verdadeiro conflicto se produce en Asturias, onde a Academia de la Llingua Asturiana nega que o que se fala no Eo-Navia sexa galego (nunha rifa que se reproduce no eido da música co conflicto entre gaita galega e asturiana). O documental explica, por exemplo, o cambio de opinión que unha parte importante da filoloxía feita en Asturias experimentou desde os anos 80 con respecto á galeguidade da fala do Eo-Navia.
Fronteiras fai tamén un repaso polo proceso de creación da Comunidade Autónoma de Galicia, e como os seus actuais límites administrativos quedaron fixados polas mesmas fronteiras que no século XIX deixaran fóra territorios como o Bierzo.
Outro asunto espiñento é a especial relación, tanto idiomática como cultural, de Galicia con Portugal. O documental plantexa (de novo a través do testemuño dos habitantes da zona e de especialistas) ata que punto a fronteira do Miño e a raia seca ourensá separan realmente dous países e dous idiomas diferentes.
Fronteiras inclúe temas de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos e A Banda de Poi.
Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a súa andaina no audiovisual como director artístico. Paralelamente foi desenvolvendo unha sólida traxectoria adicada á crítica de arte contemporánea, eido no que gañou o XII Premi Espais a la Crítica d´Art e o II Premio CajaMadrid de Ensayo.
FICHA TÉCNICA
Guión e dirección Rubén Pardiñas
Produtores Miguel Gavito e Carlos Aguilera
Cámara e montaxe Carlos Aguilera
Son Daviz López
Duración 58´"
Eu de ti poñería que é unha nota de prensa de Pascana Films en volta de po#blgtk08#ñelo como se o escribiras tí... non? E non é a primeira vez que cho digo.
E me exactamente igual que o copies do meu blog (por certo olvidouseche quitarlle as comiñas que tamén teño eu ao final de todo o lado do 58´por se non te diches conta... o que jode e que eu poño que é un #blgtk08#comunicado e non deixo no aire que como se fora cousa miña... e podes mirar en todo o meu blog que cando poño algo que non é meu o entrecomiño e poño de quen é. A ver se aprendemos a facer as cousas ben.
Sinto que o tomes así, este blog non é un blog creativo, é un blog de intercambio de información, non lle poño o copyright ás noticias e coñezo de moitísimas páxinas que collen de Malmequer información e non me molesta en absoluto que sexa ásí, senón todo o contrario sinto unha gran satisfacción ver que algo deste blog apareza noutro ainda que non o nomeen. Para mín o importante é que cousas interesantes sexan coñecidas por canta máis xente mellor.
Moitas veces poño a procededencia, outras non, por despiste, por non considerar oportuno,...Non teño afán protagonista e ó blog tampouco, así que mirando que neste caso era un comunicado de prensa collín directamente a información, s#blgtk08#en máis animo de relevancia que a mera transmisión da noticia que é o importante.
Dende cando un comunicado de prensa hai que pedir permiso para reproducilo?
Outra cousa entendo que é no caso dunha creación propia que iso xa é mérito do escritor e autor, e cando ten acontecido neste blog teñolle pedido permiso ao autor para poder incluila.
Para donos da información xa temos bastante coa Sgae.
Sinto que o tomes así, para o meu xeito de pensar o importante é compartir a información que todos queremos que se coñeza e non o lugar en internet onde esta se expoña. (mentras esta non sexa de propia autoría, claro)
Un saúdo
Comentario por Henrique (26-07-2007 01:21)
4
Moi boas a todos...Despois de le-los comentarios de Anxélica non podo facer menos que, con todo o respeto, aporta-la miña opinión, e penso que en ningún intre Henrique pretende facer crer que é o autor e creador de tódolos textos que expón, de feito incluso teño comprobado que non se apunta méritos polo traballo,o tempo e o esforzo que invirte cada día sinxelamente pola satisfacción de que todos os que consult#blgtk08#amos esta páxina disfrutemos con ela e teñamos acceso á contidos tan interesantes...por iso, meus parabéns e todo o meu apoio a Malmequer. Anxélica, hai moitos xeitos de facer as cousas ben,se eu decido critica-los teus métodos estou certa que atoparía máis dun erro segundo os meus criterios persoais...pero prefiro sempre ollar os demais en positivo; un pouco de tolerancia nunca sobra.
Saudiños, xente!!