Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa hai programación do Festigal
FESTIGAL 2007
24 e 25 de xullo, Santiago de Compostela


PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIGAL

MARTES 24
23:00h
· Loretta Martin (Galiza)
· Babylon Circus (Francia)
· Terrakota (Portugal)
· Dj Missill (Francia)

MÉRCORES 25
21:00h
· Fia na Roca (Galiza)
· Nancy Viera (Cabo Verde)
· Kroke (Polonia)

Ademais, o Mago Antón presenta o espectáculo MAGOS NO PAÍS DAS MARABILLAS.
Día 24 ás 22:00h
Día 25 ás 18:00h.

ACTIVIDADES CULTURAIS ALÉN DOS CONCERTOS

GALERÍA DAS IDEAS

Están previstas mesas redondas sobre os seguintes temas: “Conflitos e cambios na globalización” así como unha tertulia sobre a actualidade sociopolítica con participación de xornalistas e representantes políticos.

GALERÍA DAS LETRAS

Contará con recitais poéticos e exposicións; e sobre todo, coa presentación de novedades editoriais con presenza de autores e autoras de actualidade que asinarán exemplares ao final de cada presentación de libro, entre outros Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Teresa Moure, Suso de Toro, Inês Pedrosa ou Carlos Meixide.

GALERÍA AUDIOVISUAL (Sala Nasa)

Proxectaranse obras audiovisuais galegas facilitadas entre outros por distintas institucións, escolas e empresas. Barállase, entre outras, a proxección de curtas premiadas no Festival de Cans e nos Premios Mestre Mateo e de traballos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

OUTRAS ACTIVIDADES

Exposición “Queremos Coñecernos”, mostra divulgativa sobre a vida e traxectoria de mulleres galegas destacadas, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Galería da Ciencia e as novas tecnoloxías, cun espazo para o software libre, no que participarán diversas asociacións que promoven o uso do software libre ademais de promoción da culturacientífica galega.

Así mesmo, haberá unha galería de artesanía, unha feira de Asociacións e un espazo infantil.

Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-07-2007 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Henri, hai que organizar unha para ir#blgtk08# a ver a Kroke. Vas flipar!!!
Comentario por Edu (10-07-2007 19:12)
2 Falta dicir que o 25 tamén actuarán no Festigal a Char#blgtk08#anga e Pandereteiras de Lembranzas da Ría de Cangas ;)
Comentario por Milego (13-07-2007 17:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer