Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un pouco de poesía
Adicado @s amig@s da chacarandaina


O comezo do ano a saudade percorría o meu corpo
e o paso dos días tornouna en xoldra,
sorrisos, baile e boa música.

Levo comigo esas noites de troula
eses bailes con esas xiradelas.
Levo comigo un sorriso roubado no tempo
levo comigo a amizade non maxinada
levo comigo momentos belidos
que pululan polo meu maxín.

Nun lugar ou noutro, ao solpor
o soño desexado comezará a realizarse
e pensarei nos momentos pasados, nas lerias
nos bailes e pensarei en vós...
e tamén pensarei en ti meu amor.

Grazas pola vosa amizade e cariño
Iolanda
Comentarios (7) - Categoría: Resacosix - Publicado o 12-06-2007 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 que e chacarandaina? que pasou? unha despedida?#blgtk08# e moi fermoso pero sona a triste moi triste...
Comentario por (12-06-2007 11:41)
2 Ola, non sei quen es, pero non é unha despedida, ao contr#blgtk08#ario.... Chacarandaina: festa, baile, bos momentos....Io.
Comentario por Iolanda (12-06-2007 13:38)
3 sinf, sinf...é todo o que dis é moi bonitiño Io...aínda que a min tamén me #blgtk08#deixa un regusto melodramático e tristón...carai para a nosa poetissa!! ;)
Comentario por nando (12-06-2007 17:18)
4 É verdade,parece que a medida que os sonos se vaian facendo realidade, a troula e a amizade se acabe. Eu simplemente es#blgtk08#pero que non e que poidamos seguir disfrutando moito tempo da nosa amizade e da festa. Iolanda,espabila que isto segue.
Comentario por Lupe (13-06-2007 02:07)
5 A melancolía dos poetas...
Carpe Di#blgtk08#em.

Bikos para esa poetisa.
Comentario por Henrique (13-06-2007 11:24)
6 Lupe, eiiiiii, que nada remata, unha cousa son os soños e outra cousa é#blgtk08# a amizade todo pódese compaxinar ou case todo.....ORGANIZAçAO. Bicos.
Comentario por iolanda (13-06-2007 13:25)
7 Moito me gustou o teu poema.A donde queira que vaias brila#blgtk08#ras.As festas acaban pero os amigos son para sempre.Grazas.
Comentario por Begoña (17-06-2007 00:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer