Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gala cen anos de Cantigas e Agarimos (Compostela) |
|
O vindeiro domingo 22 de maio Cantigas e Agarimos celebra o centenario de súa fundación co espectáculo RETRINCOS: unha gala para os cen anos, na que se recollen todos os aspectos artísticos relacionados coa Agrupación ó longo deste século de vida: música, baile e teatro, desde unha visión retrospectiva con moita retranca e que dista do mero percorrido cronolóxico pola súa traxectoria.
Con textos de Castelao, Neira Vilas e Casares, entre outros, Cantigas convida a desfrutar destes “Retrincos” a toda a xente que disfruta da cultura galega, especialmente a todas aquelas persoas que foron, son e serán parte da gran familia de Cantigas e Agarimos.
…”o certo é que a nós sempre nos gustou bailar”
RETRINCOS: unha gala para os cen anos.
🗓️ Domingo 22/maio/2022
🕗 20:00h
📍Auditorio de Galicia
Merca a túa entrada en
https://entradas.ataquilla.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|